Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Martes, 30 de decembro de 1997 Páx. 12.553

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de bazares e artigos de regalo.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector do comercio de bazares e artigos de regalo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-11-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Comercio de Bazares y Artículos de Regalo, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e UGT, con data do 15-10-1997. De conformidade co disposto

no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbriraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de novembro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial de comercio

de bazares e artigos de regalo de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes do presente convenio as centrais sindicais CC.OO. e a UGT, en representación dos traballadores, e a Asociación Provincial de Empresarios del Comercio de Bazares y Artículo de Regalo de la Provincia de Pontevedra, en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio é de aplicación obrigatoria para tódalas empresas englobadas no sector de comercio de bazares e artigos de regalo, que teñan centros de traballo encadrados dentro da provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Afectará tanto ó persoal que actualmente preste os seus servicios nas referidas empresas como a aquel que ingrese no futuro, durante a vixencia do convenio.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor ós quince días da súa sinatura, aínda que os seus efectos económicos rexerán a partir do 1º de xaneiro de 1997.

Artigo 5º.-Duración.

O presente convenio terá unha duración dun ano, e os seus efectos rematarán o 31 de decembro de 1997, e prorrogaranse por anualidades, automaticamente, se non media denuncia das partes con tres meses, polo menos, ó termo da súa vixencia.

Artigo 6º.-Compensación e absorción.

As condicións que se establecen no presente convenio compensarán calquera das existentes no momento de entrar en vigor e absorberán as que no futuro poidan establecerse, calquera que sexa a norma da que se deriven.

Artigo 7º.-Retribucións.

Os soldos e salarios correspondentes ás distintas categorías son os que figuran na táboa salarial anexa.

Artigo 8º.-Revisión salarial.

No caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31-12-1997 un incremento superior ó 2,6% respecto á cifra que resultase do dito IPC o 31-12-1996, o dito exceso servirá de base para a negociación do ano 1998.

Para iso, no momento da negociación do convenio colectivo do ano 1998, procederase a cuantifica-lo dito exceso, calculado sobre os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para 1997. A cuantificación do dito exceso sumaráselle ós salarios vixentes o 31 de decembro de 1997 e, sobre a cantidade resultante, calcularanse os incrementos salariais para 1998.

Artigo 9º.-Non discriminación por razón de sexo.

O empresario está obrigado a pagar pola prestación dun traballo igual o mesmo salario, tanto por salario base coma polos complementos salariais, sen discriminación ningunha por razón de sexo.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense como gratificacións extraordinarias as seguintes:

-Paga de xullo: igual a unha mensualidade do salario base maila antigüidade, en concepto de gratificación de xullo.

-Paga de outubro: consistente en 16 días do salario base maila antigüidade, se é o caso.

-Paga de decembro: igual a unha mensualidade do salario base maila antigüidade, en concepto de gratificación de Nadal.

-Paga de marzo: igual a unha mensualidade de salario base maila antigüidade, en concepto de participación de beneficios.

Artigo 11º.-Antigüidade.

En concepto de antigüidade, tódolos traballadores terán dereito por cada trienio a un cinco por cento do salario base correspondente á categoría profesional.

Artigo 12º.-Saídas e axudas de custo.

Se por necesidades de servicio tivese que desprazarse algún traballador fóra da cidade na que habitualmente ten o seu destino, a empresa aboaralle os gastos que efectuase, logo de presentación dos xustificantes correspondentes. En compensación daqueles gastos que non teñan xustificación posible, o persoal terá dereito, ademais, a unha axuda de custos de 510 ptas. e 831 ptas. diarias respectivamente, segundo que o desprazamento sexa por media xornada ou completa.

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

Nos supostos de xornada continuada, establecerase un período de descanso de 15 minutos, coñecido como tempo de bocadillo, que se computará como tempo de traballo efectivo.

Artigo 14º.-Vacacións.

Todo o persoal cun ano na empresa desfrutará dun período de trinta e un días naturais de vacacións.

Artigo 15º.-Falecemento do traballador.

En caso de falecemento do traballador, aboaránselles ós seus dereito-habentes tres mensualidades do salario real que percibise no momento do feito causante.

Artigo 16º.-Incapacidade temporal.

As empresas, en caso de incapacidade temporal, calquera que sexa a súa orixe, completarán as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario real, durante doce meses, a partir da recepción da baixa.

Artigo 17º.-Xubilación.

Ó se produci-la xubilación dun traballador con quince anos de servicio, aboaráselle unha mensualidade; ata vintecinco anos, dúas mensualidades, e con máis de vintecinco anos, tres mensualidades.

Non obstante, respectaranse as axudas superiores que por este concepto veñan outorgando as empresas.

Artigo 18º.-Faltas e sancións.

Observarase o disposto nos artigos 12º e seguintes do acordo marco de ámbito nacional para o comercio.

Artigo 19º.-Acción e representación sindical na empresa.

Observarase o disposto na lexislación vixente.

Artigo 20º.-Novas categorías profesionais.

Grupo II. Persoal mercantil técnico non titulado.

Inspector de sucursais: é quen, ás ordes do director, xerente ou xefe comercial, leva a cabo a inspección das sucursais que teña establecidas a empresa, corrixindo os erros existentes nelas, efectuando rectificacións de prezos e realizando inventarios.

Inspector de vendas: é quen, ás ordes do director, xerente, xefe de comercio ou xefe de vendas, leva a cabo a selección e realización de nomeamentos de representantes, inspeccionando en ruta o labor destes e colaborando na promoción de vendas por xunto.

Para efectos de cotización á Seguridade Social, tanto o inspector de sucursais coma o de vendas se encadran no grupo de tarifa 3.

Artigo 21º.-Recoñecemento médico.

Recoméndaselles ós empresarios de bazares que, «voluntariamente» e logo de acordo cos seus traballadores, desexen que estes sexan sometidos a un reco

ñecemento médico, e anualmente soliciten a información pertinente no gabinete de seguridade e hixiene no traballo de Rande.

Artigo 22º.-Licencias.

Os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída de ata un máximo de catro días naturais ó ano, por necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que facer e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que se lle poidan impoñer ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

Igualmente, nos casos de morte ou enterramento de cónxuxe, ascendentes, descendentes ou irmáns, así como enfermidade grave de cónxuxe, pais e fillos e parto de esposa, os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída de ata cinco días naturais, téndose en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que realizar e as demais circunstancias que no caso concorran.

Así mesmo, os traballadores terán dereito a unha licencia retribuída dun día ó ano, que deberá ser solicitada cunha antelación nínima de cinco días.

Artigo 23º.-Excedencia por maternidade.

As traballadoras que, como consecuencia do nacemento de fillo e para atende-lo seu coidado, soliciten un período de excedencia non superior a tres anos, contados desde o remate do descanso por maternidade ó que se refire o nº 3 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores, terán dereito á reserva do posto de traballo e á reincorporación a este, unha vez finalizada a excedencia, sempre que soliciten o reingreso cun mes de antelación ó termo desta.

Artigo 24º.-Axuda escolar.

Esta axuda escolar será aboada en cada unha das doce mensualidades do ano, e percibirase, calquera que sexa o número de fillos, por un só deles, entendéndose como tal o de maior idade, e na contía seguinte:

-De 1 a 10 anos: 2.322.

-De 11 a 14 anos: 4.646.

-De 15 a 18 anos: 7.628.

Artigo 25º.-Roupa de traballo.

Os traballadores que proceda serán provistos obrigatoriamente, por parte da empresa, de uniformes ou outras pezas de roupa de traballo das coñecidas e típicas para a realización das distintas e diversas actividades que o uso vén aconsellando.

A provisión de tales pezas de roupa debe facerse ó comeza-la relación laboral entre a empresa e o traballador en número de dúas pezas, que se reporán en anualidades sucesivas de maneira conveniente ou, polo menos, na metade delas.

Artigo 26º.-Desconto en compras.

O desconto mínimo nas compras que realice o persoal nas súas respectivas empresas será do quince por cento, agás en artigos de oferta ou rebaixa, respectándose as situacións máis favorables que se veñan dando.

Artigo 27º.-Comisión paritaria.

Créase unha comisión paritaria do convenio como órgano de interpretación e conciliación. A dita comisión estará integrada por tres membros de cada representación elixidos de entre os que compoñen a comisión deliberadora.

Artigo 28º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio, observarase o que dispoñen as normas legais de vixente aplicación.

Disposicións adicionais

Primeira.-Co fin de evita-lo atraso na negociación do vindeiro convenio e dados os prexuízos que ós empresarios e traballadores lles causa o aboamento de atrasos salariais, as partes asinantes do convenio acordan constituír na terceira semana de xaneiro de 1998, a comisión deliberadora e inicia-las negociacións do vindeiro convenio, que rexerá a partir do primeiro de xaneiro do dito ano.

Segunda.-As partes nomean unha comisión paritaria que, en principio, estará configurada polos mesmos membros que o fosen da comisión negociadora do presente convenio, para o estudio e subseguinte incorporación ó convenio colectivo do ano 1998, das directrices do acordo marco de comercio de 1996, no referido a categorías profesionais.

Táboa salarial anexa ano 1997

Categorías

Salario

mensual

A) Grupo mercantil:
1. Persoal mercantil técnico non titulado:
Xefe de división116.400
Xefe de persoal de compras, de vendas113.200
Encargado xeral113.200
Xefe de sucursal, xefe de almacén99.800
Inspector de vendas, inspector de sucursais99.800
Encargado de establecemento88.500

2. Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante, corredor de praza84.500
Dependente de 22 a 25 anos82.400
Dependente de 25 anos en diante83.600
Dependente maior91.800
Axudante81.100
Traballadores en formación (por 30 horas semanais

efectivas, según R.D. 1992/1984):

-De 16 anos23.600
-De 17 anos37.200

B) Persoal técnico non titulado:
Xefe de división116.400
Xefe administrativo103.800

C) Grupo administrativo:
Contable-caixeiro84.500
Xefe de sección administrativa95.900
Oficial administrativo e operador de máquinas contables85.100
Auxiliar administrativo de 18 anos en diante81.100
Aspirante de 16 e 17 anos49.700

Categorías

Salario

mensual

Auxiliar de caixa de 16 e 17 anos49.700
Auxiliar de caixa de 18 a 22 anos81.100
Auxiliar de caixa de 22 a 25 anos83.100
Auxiliar de caixa de 25 ou máis anos87.400

D) Grupo de actividades auxiliares:
Xefe de sección mercantil90.300
Xefe de sección de servicios93.200
Escaparatista95.900
Profesional de oficio de 1ª e 2ª81.100
Capataz, telefonista, empaquetador, envasador81.100
Mozo especializado-repartidor a domicilio81.100
Mozo81.100

E) Subalternos:
Conserxe, vixilante, sereno, ordenanza, cobrador81.100
Persoa da limpeza81.100
Persoa da limpeza por horas (ptas./hora)282

10272