Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.524

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

DESIGNACIÓN por sorteo de compromisarios para a elección de conselleiros xerais representantes de impositores.

Aberto o procedemento para a renovación dos membros dos órganos de goberno da Caixa de Aforros de Galicia, as comisións electorais das circunscricións da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, Ourense e Pontevedra acordaron:

1. Celebrar nas oficinas principais da entidade en cada unha das cidades designadas, ás trece horas do día 4 de febreiro de 1998 o acto de designación dos compromisarios correspondentes a cada unha das circunscricións electorais para a elección de conselleiros xerais representantes de impositores. A designación será efectuada, mediante sorteo público ante notario, entre as persoas que figuren na lista de impositores da circunscrición respectiva.

2. Expoñer, desde o vindeiro día 31 de decembro inclusive, nas oficinas principais da entidade en cada unha das cidades designadas, a lista de impositores e os seus anexos, en disposición de seren consultados polos impositores que acrediten ostenta-las condicións de idoneidade para figurar nela. Nas demais oficinas será exposta, cos anexos, a sección da lista correspondente á oficina de que se trate.

3. Durante o prazo de dez días hábiles todo o que estea inscrito na lista ou que xustifique o seu dereito a estalo, poderá formular reclamación contra ela ou contra o contido dos anexos, e deberá presentala na oficina na que manteña a súa imposición.

Durante o período de exposición, os titulares de contas de aforro infantil e de aforro de non residentes poderán reclama-la súa inclusión acreditando, respectivamente, teren acadado a maioría de idade ou teren trasladado a súa residencia ó ámbito de actuación da Caixa.

Nos supostos de titularidade múltiple ou dividida, os interesados, durante o período de exposición, designarán de común acordo unha soa persoa para figurar na lista para tódolos efectos. Noutro caso presumirase como titular único, o primeiro titular idóneo, nos supostos de titularidade múltiple, e o nu propietario, de ser idóneo, nos de titularidade dividida.

Par efectos de determinación dos requisitos esixidos para ser inscrito na lista, teranse en conta as diversas imposiciones das que puidese ser titular unha mesma persoa. Sen embargo, durante o período de exposición deberán optar pola inclusión exclusivamente por unha soa circunscrición e oficina. Noutro caso atenderase á imposición de maior saldo medio no semestre anterior ó de celebración do sorteo.

4. Será rexeitado de plano toda reclamación que se formule transcorrido o período de exposición ou que no se presente xunta a xustificación documental axeitada. Esta carga entenderase cumprida se se designan de maneira concreta os elemetos de proba en poder da propia Caixa.

5. Resoltas as reclamacións pola Comisión de Control, a lista e mailos anexos definitivos quedarán expuestos nas oficinas da entidade, ata o día no que se celebre o sorteo notarial para a elección de compromisarios. Esta exposición terá o carácter de notificación ós interesados para tódolos efectos.

6. No acto do sorteo permitiráselle a entrada a todo o que se acredite como impositor.

Os presidentes das comisións electorais

Rubricado