Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

1. Obxecto: asistencia á deputación para a distribución das campañas publicitarias institucionais nos medios de comunicación social durante o exercicio de 1998.

2. Orzamento: non excederá de 85.000.000 de ptas. IVE incluído.

3. Garantía provisional: non se esixe.

4. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

5. Prazo de execución: 1 de febreiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998.

6. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 4 de decembro de 1997.

7. Documentación: Sección de Patrimonio e Contratación.

8. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día 27 de xaneiro de 1998.

Os gastos derivados da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de decembro de 1997.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

97-10482