Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública e necesidade de ocupación, polo procedemento de urxenxia, dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/161-1)

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, que comporta a expropiación forzosa, polo procedemento de urxencia, dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.A.T. de 66 kV de Unemsa a subestación Carballo.

Situacíon: Carballo.

Descricións técnicas:

Liña aero-subterránea de alta tensión, 66 kV, de 4.436 m de lonxitude do que:

-645 m serán subterráneos, baixo tubo, con conductor R.H.V., de 38/66 kV 1x300 Al x H 95, con orixe na subestación de Carballo e final no apoio nº 20 da dita liña, subestación Carballo-Subestación Umensa.

-3.791 m aéreos sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-180 con orixe no apoio nº 20 e final na subestación Umensa.

-Conductor de fibra óptica en todo o percorrido, discorrendo polo concello de Carballo.

O citado expediente foi tramitado ó abeiro da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, sendo sometido a información pública pola Resolución do 12 de agosto de 1997 de conformidade cos trámites ordenados nos Decretos 2617/1996 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa de instalacións eléctricas. Así mesmo expúxose nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados e notificóuselle, individualmente, a cada un dos afectados, pola imposición da sevidume da instalación eléctrica.

Dado que a competencia lle corresponde a esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das citadas instalacións e declarar, a utilidade pública desta que comporta a expropiación forzosa, polo procedemento de urxencia, dos bens e dereitos afectados.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, pode interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun

mes, contado desde a súa publicación, de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 1 de decembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10122