Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.519

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/373-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: rúa García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: modificado 1 ó proxecto L.M.T., C.T. e R.B.T. Paderne-Romariz.

Situación: Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 474 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoio de formigón e metálico, desde o apoio 18 da L.M.T. Tibo-Curro ata o C.T. que se proxecta en Paderne-Romariz, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV - 380/220 V- R.B.T. aérea, de 575 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 25 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9915