Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Luns, 29 de decembro de 1997 Páx. 12.477

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 473/1997, do 28 de novembro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela.

O artigo 12.1º da Lei orgánica 11/1983, do 25 de agosto, da reforma universitaria, establece o pro

cedemento de elaboración e de entrada en vigor dos estatutos da universidade, no que determina que as universidades elaborarán os seus estatutos e, no caso de axustarse ó establecido nesa lei orgánica, serán aprobados polo consello de goberno da Comunidade Autónoma correspondente.

A Universidade de Santiago de Compostela presentou perante a consellería de Educación e Ordenación universitaria os eu proxecto de novos estatutos, aprobado polo seu claustro universitario con data do 17 de outubro de 1997, para a correspondente aprobación e publicación por parte desta Comunidade Autónoma.

Coñecido o seu texto, ponse de manifesto a necesidade de adecuar varios dos seus artigos ó disposto na citada lei orgánica e nas súas normas de desenvolvemento, coa finalidade de evitar posibles dúbidas interpretativas na súa aplicación, pero que realmente non inciden no núcleo da vontade universitaria expresada no devandito acordo de aprobación estatutaria.

Tendo en conta que a lexislaicón específica aplicable non regula o procedemento que se debe seguir no suposto de que o consello autonómico considere que os proxectados estatutos non se acomodan ó disposto no ordenamento xurídico vixente, atendendo á reiterada doctrina xurisprudencial nesta materia, que establece que do artigo 12.1º da repetida lei orgánica se infire que o consello de goberno da Comunidade Autónoma correspondente ten competencia para exerce-lo control da legalidade dos estatutos da universidade sometidos a súa aprobación e que esta actuación da Administración autonómica non vulnera o principio da autonomía universitaria; considerando que o principio constitucional da seguridade xurídica se atopa intimamente unido ó principio da certeza do dereito, de tal forma que debe evitarse a posibilidade de dobres sentidos na interpretación das normas xurídicas cada o seu cumprimento e para a súa aplicación.

Por todo o que antecede, cómpre adapta-los artigos 1.2º, apartado c) e h); 12; 21.1º; 22.2º b); 27.2º; 32; 41.3º; 43.2º; 46.1º 2; 49.1º; 49.4º; 51; 60.2º; 73 e 120.1º dos novos estatutos á lexislación vixente, dándolles a redacción que figura no anexo deste decreto de aprobación, e por non influíren na vontade estatutaria da universidade.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo de acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Apróbanse os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela coa redacción que figura no anexo deste decreto, e ordénase a súa publicación.

Artigo 2º.-Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de novembro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

TÍTULO PRELIMINAR

Artigo 1º

1. A Real Universidade de Santiago de Compostela é unha institución pública dotada de plena personalidade xurídica e patrimonio propio, que asume e desenvolve as súas funcións como servicio público mediante o estudio, a docencia e a investigación; actividades para as que goza de autonomía, de acordo con estes estatutos e no marco da lexislación vixente.

2. Como Administración pública vinculada á da Comunidade Autónoma, a Universidade de Santiago terá as seguintes prerrogativas:

a) Executividade dos actos e resolucións producidos polos seus órganos de goberno, así como a execución forzosa.

b) Inalienabilidade, inembargabilidade e, imprescritibilidade dos seus bens, así como a potestade de deslinde e recuperación de oficio.

c) Exención tributaria, nos termos previstos na normativa vixente, incluídos impostos, taxas, prezos públicos e demais depósitos establecidos polo Estado, comunidades autónomas ou administracións locais.

d) Exención de todo tipo de consignacións e depósitos.

e) Improcedencia de interdictos sempre que se axuste ó procedemento establecido.

f) Facultade de revisión e anulación de oficio.

g) Instar conflictos de competencias.

h) Equiparación coas prerrogativas procesuais da Administración do Estado e das comunidades autónomas nos procesos xudiciais nos que sexa parte, consonte á lexislación vixente.

Artigo 2º

1. A Universidade de Santiago de Compostela organizarase de xeito democrático asegurando a participación dos diferentes sectores da comunidade universitaria no seu goberno, e asumindo os principios de liberdade, igualdade, xustiza e pluralismo como inspiradores da vida universitaria.

2. Dada a existencia dunha comunidade natural e lingüística alén dos límites da actual Comunidade Autónoma de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela recoñeceralles ós galegos da emi

gración e ós seus fillos os mesmos dereitos cás galegos residentes, nos termos recollidos no artigo 3.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

3. É deber de tódolos membros da comunidade universitaria, e en particular dos seus órganos de goberno, dar plena efectividade a estes principios e impedir calquera tipo de discriminación.

Artigo 3º

1. A lingua galega é a lingua propia e oficial da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é oficial a lingua castelá como lingua oficial do Estado.

2. A Universidade de Santiago de Compostela promoverá, no marco das súas competencias, accións que contribúan á normalización e ó desenvolvemento da lingua galega.

Artigo 4º

1. Son funcións da Universidade de Santiago de Compostela:

a) A creación, desenvolvemento, transmisión e crítica da ciencia e da técnica e calquera outra forma de cultura.

b) A preparación para o exercicio das actividades profesionais que esixan a aplicación de coñecementos e métodos científicos ou para a creación artística.

c) O apoio científico e técnico ó desenvolvemento social, económico e cultural da sociedade galega que a sustenta.

2. Para o mellor desenvolvemento das súas funcións, a Universidade de Santiago de Compostela propiciará o establecemento de relacións con outras universidades, organizacións e institucións, moi en particular coas de carácter académico, científico e cultural, e atendendo dun xeito preferente ás que realicen o seu labor en países de cultura galego-portuguesa, hispanoamericana e europea.

3. Para o desenvolvemento destas funcións a universidade posuirá as competencias que lle atribúe a lexislación vixente e que se desenvolven nestes estatutos, así como calquera outra que resulte necesaria e non sexa atribuída ó Estado nin á Comunidade Autónoma.

Artigo 5º

1. A Universidade de Santiago de Compostela baseará a súa actividade na liberdade académica, que se manifestará nas liberdades de cátedra, de investigación e de estudio.

2. A liberdade de cátedra maniféstase no exercicio do dereito do seu profesorado a expresar libremente, na súa actividade docente, as súas ideas, opinións e conviccións científicas e artísticas.

3. A liberdade de investigación maniféstase no exercicio do dereito á libre utilización dos principios metodolóxicos, á elección dos obxectivos axeitados e ó espallamento dos resultados obtidos na actividade investigadora.

4. A liberdade de estudio abrangue, ademais do dereito a elixir centro e ensinanzas nos termos establecidos polo ordenamento xurídico, o de se servir dos medios da universidade para unha activa participación no proceso da propia formación, e a libre manifestación das ideas, opinións e conviccións científicas e artísticas.

Artigo 6º

Os emblemas da Universidade de Santiago de Compostela son os de vixencia tradicional nela.

TÍTULO PRIMEIRO

Da comunidade universitaria

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 7º

A comunidade da Universidade de Santiago de Compostela está formada por:

a) O seu persoal docente e investigador.

b) O estudiantado.

c) O seu persoal de administración e servicios.

Artigo 8º

Son dereitos de tódolos membros da comunidade universitaria:

a) A participación nos órganos de goberno e de xestión de acordo co establecido nos presentes estatutos.

b) A organización, promoción e participación en actividades formativas, culturais, recreativas e deportivas e de extensión universitaria, e a utilización das instalacións e dos servicios universitarios conforme o que establezan as normas da universidade.

c) A liberdade de asociación, sindicación, reunión, manifestación e folga dentro do ámbito universitario.

d) A organización, promoción e participación en actividades que contribúan a vincula-la Universidade de Santiago de Compostela co seu contorno e a mellora desta institución.

e) Beneficiarse das distintas axudas ou subvencións que a universidade estableza.

f) A información regular, mediante a publicidade, sobre tódalas cuestións que afecten á comunidade universitaria.

Artigo 9º

Son deberes de tódolos membros da comunidade universitaria:

a) O cumprimento das obrigas profesionais, investigadoras, docentes ou discentes inherentes ó sector da comunidade ó que pertenzan.

b) O cumprimento dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela e as normas que os desenvolvan.

c) A cooperación cos demais membros da comunidade universitaria na mellora dos servicios e na consecución dos fins da universidade.

d) O respecto do patrimonio da universidade e a contribución ó seu digno mantemento.

e) A asunción das responsabilidades propias dos cargos para os que sexan elixidos.

f) O potenciamento da vinculación e do prestixio da universidade na sociedade.

Artigo 10º

1. O valedor ou valedora da comunidade universitaria é o comisionado do claustro universitario para a defensa e garantía dos dereitos dos membros da comunidade universitaria.

2. Para o desempeño das súas funcións disporá dos medios persoais e materiais necesarios. Tódolos órganos e membros da comunidade universitaria están obrigados a auxilia-lo valedor no exercicio das súas funcións.

3. O claustro universitario aprobará un Estatuto do Valedor da Comunidade Universitaria e procederá á súa elección por maioría absoluta en primeira votación e simple en segunda. Crearase unha comisión de asesoramento e axuda ó valedor cunha composición que se recollerá no Estatuto do Valedor.

Capítulo II

Do persoal docente e investigador

Artigo 11º

O persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela comprende o profesorado, os axudantes, o persoal investigador, e os bolseiros de investigación.

Artigo 12º

1. O profesorado da Universidade de Santiago de Compostela estará constituído por:

a) Funcionariado docente dos corpos legalmente establecidos.

b) O profesorado contratado das distintas categorías previstas legalmente ou aquelas que estableza a Universidade de Santiago de Compostela en virtude da súa autonomía, consonte as disposicións legais vixentes.

Artigo 13º

1. O profesorado gozará de plena capacidade docente. Cando posúa o título de doutoramento terá ademais plena capacidade investigadora.

2. O profesorado asociado está constituído por especialistas de recoñecida competencia que desenvolven normalmente a súa actividade profesional fóra da universidade.

3. O profesorado visitante está constituído por docentes ou persoal investigador de recoñecido prestixio doutras universidades e centros de investigación españois ou estranxeiros que poderán ser con

tratados para desenvolver actividades docentes e investigadoras por un período máximo dun ano, prorrogable por outro máis.

4. A regulación das categorías de profesorado que a universidade poida crear en uso da súa autonomía establecerá os dereitos e deberes, así como as condicións de acceso, permanencia, promoción e rescisión de contratos.

Artigo 14º

1. Son dereitos do profesorado da universidade:

a) A liberdade académica, que se manifesta nas liberdades de cátedra e de investigación.

b) A formación permanente, coa finalidade de garantir unha constante mellora da súa capacidade docente e investigadora e a disposición dos recursos necesarios para esa formación.

c) A promoción na carreira docente.

2. Son deberes do profesorado da Universidade de Santiago de Compostela:

a) O cumprimento das obrigas docentes, de titoría e, se é o caso, investigadoras.

b) A formación permanente orientada á realización dunha actividade docente e investigadora de calidade consonte coa súa categoría, tipo de dedicación e medios dispoñibles.

c) A avaliación do seu estudiantado con imparcialidade e de acordo coas normas preestablecidas.

d) O sometemento ó control obxectivo, periódico e rigoroso dos seus labores docentes e investigadores.

Artigo 15º

A Universidade de Santiago de Compostela establecerá o seu cadro de persoal de profesorado, no que se consignarán, clasificadas polos campus de Compostela e Lugo, as distintas prazas, de acordo coas súas dispoñibilidades orzamentarias e respectando os seguintes criterios:

a) As esixencias mínimas do persoal que se derivan da ampliación do número de centros e titulacións.

b) As necesidades dos programas de estudio, nos seus distintos ciclos, e de investigación, tendendo a unha proporción profesorado/ alumnado por grupo que permita unha docencia e unha investigación de crecente calidade.

c) A conveniente proporcionalidade na fixación do número de prazas de cada categoría que permita a realización dunha carreira docente.

Artigo 16º

Sen prexuízo da preferencia entre corpos, cando sexa de aplicación para os efectos internos, o criterio de antigüidade do profesorado na Universidade de Santiago de Compostela entenderase referido ó tempo de permanencia como docente nela.

Artigo 17º

1. O profesorado da Universidade de Santiago exercerá as súas funcións en réxime de dedicación a tempo completo ou parcial. A universidade procurará que o réxime de dedicación a tempo completo sexa o que con carácter xeral teña o seu profesorado, agás no que atinxe ó profesorado asociado.

2. O réxime de dedicación a tempo completo será condición necesaria para a asignación individual de conceptos retributivos extraordinarios polo Consello Social atendendo a esixencias docentes e investigadoras ou a méritos relevantes.

Artigo 18º

1. Os réximes de dedicación do profesorado están constituídos basicamente por actividades docentes, investigadoras, de titoría ou asistencia ó estudiantado e de xestión e extensión universitaria.

2. De acordo coas necesidades de cada centro e de cada departamento, e segundo as capacidades de infraestructura e as dispoñibilidades orzamentarias, o tempo de horas lectivas dos réximes de dedicación repartirase entre clases téoricas e prácticas. Tamén poderán incluírse actividades en cursos de especialización e de extensión universitaria.

3. Na organización das actividades docentes e de titoría deberáselle garantir ó profesorado doutor o tempo necesario para un axeitado desenvolvemento do seu labor investigador. A universidade deberá asegurar que, polo menos, a metade da xeira do seu profesorado quede reservada a tarefas de investigación.

4. A Xunta de Goberno, procurando a equiparación nas obrigas docentes, regulará o réxime de reduccións para o profesorado funcionario a tempo completo que se atope realizando a tese de doutoramento ou desenvolva tarefas de investigación.

5. A Xunta de Goberno regulará o réxime especial de obrigas docentes para o profesorado que ocupe cargos académicos ou asuma, con carácter temporal, tarefas distintas das estrictamente docentes e investigadoras.

Artigo 19º

O profesorado poderá obter licencias por estudios noutras universidades ou institucións científicas españolas ou estranxeiras nas condicións que determine a Xunta de Goberno.

Artigo 20º

1. O profesorado, cada vez que cumpra un período de seis anos de docencia como funcionarios acollidos ó rexime de dedicación a tempo completo, terán dereito a unha licencia dun ano conservando tódolos seus dereitos económicos e administrativos.

2. A Xunta de Goberno decidirá sobre a concesión destas licencias, tendo en conta os proxectos de actividades que se vaian realizar. En todo caso, asegurarase de que queden debidamente cubertas as funcións docentes do departamento correspondente,

para o cal a Xunta de Goberno habilitará partidas específicas.

Artigo 21º

1. De acordo coa lexislación vixente, o profesorado, calquera que sexa o seu réxime de dedicación, poderá realizar traballos de carácter científico, técnico ou artístico, contratados con entidades públicas ou privadas ou con persoas físicas, e participar en cursos de especialización, podendo percibir unha compensación especial polas devanditas actividades.

2. Non estarán suxeitos á autorización da universidade os contratos que realice o profesorado para a publicación dos seus libros, traballos e traduccións científicas ou para a preparación de orixinais destinados á publicación.

Artigo 22º

1. O funcionariado docente da universidade será seleccionado por medio de concursos, que serán convocados polo rector, e nos que deberán quedar garantidos a publicidade e a igualdade de oportunidades dos candidatos e o respecto ós principios de mérito e capacidade.

2. Correspóndelle á Xunta de Goberno:

a) Determina-la creación de prazas de funcionariado docente, así como, se procede, manter, minorar ou cambiala-la denominación ou a categoría das prazas vacantes.

b) Decidir se a praza deber ser provista mediante concurso de méritos, logo de informe do departamento e do centro correspondente.

c) Designa-lo profesorado que corresponda á universidade para formar parte da comisión que resolverá o concurso.

Artigo 23º

1. A Xunta de Goberno poderá acordar que as prazas de funcionariado docente sexan cubertas interinamente.

2. A Universidade de Santiago de Compostela poderá contratar profesorado, a tempo completo ou parcial, dentro das súas capacidades orzamentarias e á vista das necesidades xerais da docencia e da investigación nos seus departamentos e centros.

Artigo 24º

1. A Universidade de Santiago de Compostela poderá, por acordo da Xunta de Goberno e co informe previo do Consello de Universidades, nomear profesores eméritos a aqueles funcionarios docentes xubilados que prestasen servicios destacados á universidade.

2. O profesorado emérito, que estará vencellado á universidade por medio dunha relación contractual de tres anos de duración, prorrogable por outros tres, terá dereito a unha retribución compatible coa súa pensión de xubilación.

3. O profesorado emérito terá a posibilidade de colaborar na dirección de tarefas de investigación, na docencia do terceiro ciclo e, en xeral, en estudios de especialización científica e profesional, en actividades de extensión universitaria e noutras equiparables.

Artigo 25º

1. A Universidade de Santiago de Compostela poderá contratar lectores como parte do persoal dos departamentos responsables docentes das linguas modernas. A titulación dos lectores deberá ser equivalente ó titulo de licenciado.

2. Os lectores asimilaranse ó profesorado asociado e, sen prexuízo do disposto no apartado seguinte, contrataranse por un período dun ano prorrogable por outro máis, logo de informe favorable do departamento. As súas obrigas docentes virán fixadas nos respectivos contratos en virtude das necesidades docentes do departamento.

3. A universidade poderá determinar que a contratación de lectores se estableza mediante convenios de intercambio con universidades estranxeiras ou por aplicación de convenios existentes con organismos oficiais ou institucións doutros países, polo tempo que acorden as respectivas institucións, de xeito que se favoreza a incorporación de titulados propostos pola Universidade de Santiago de Compostela a outras universidades.

Artigo 26º

1. A universidade poderá contratar axudantes de facultade, de escola técnica superior ou de escola universitaria. A súa actividade, que estará orientada a completa-la súa formación académica, poderá incluí-la colaboración en tarefas docentes. Esta colaboración poderá abrangue-lo desenvolvemento de clases prácticas, titorías e, se é o caso, clases teóricas, segundo se dispoña no correspondente regulamento.

2. Os axudantes poderán realizar estudios noutra universidade ou institución académica española ou estranxeira coa autorización da universidade. Conservarán tódolos seus dereitos económicos se o tempo global de estancias fóra da universidade non supera os vintecatro meses. A Xunta de Goberno regulará as condicións nas que se realizarán estes estudios.

3. En todo o que lles fora de aplicación, os axudantes rexeranse polas disposicións legais e estatutarias referentes ó profesorado.

Artigo 27º

1. A selección do profesorado contratado e a dos axudantes deberá facerse mediante concurso público de méritos, convocado polo rector, logo de aprobación da Xunta de Goberno, por petición razoada do departamento.

2. A Xunta de Goberno, respectando os principios de mérito, capacidade e igualdade de condicións dos candidatos, establecerá a normativa reguladora

destas contratacións, consonte coa lexislación vixente.

Artigo 28º

1. O persoal investigador estará formado por titulados superiores que, non estando encadrados nas outras categorías de persoal docente e investigador, realizan especificamente tarefas investigadoras de carácter temporal ó abeiro dun contrato asinado coa universidade ou dun contrato ou convenio asinado pola universidade con outras institucións públicas ou privadas.

2. Ámbalas dúas modalidades de relación contractual faranse con cargo a partidas orzamentarias dedicadas á investigación procedentes preferentemente de financiamento externo, de acordo coa normativa que aprobe a Xunta de Goberno

Capítulo III

Dos estudiantes

Artigo 29º

Son estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela aquelas persoas que están matriculadas en cursos ou materias conducentes á obtención de titulacións oficiais de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, entendidas estas últimas de acordo coa definición do artigo 127º.

Artigo 30º

Son dereitos específicos do estudiantado:

a) Recibir unha formación e unha docencia cualificada e actualizada, tanto nos seus contidos coma nos seus métodos pedagóxicos.

b) Ser avaliado obxectivamente no seu rendemento académico.

c) Participar no control da calidade da docencia e na elaboración dos criterios xerais de avaliación desta.

d) Beneficiarse das distintas axudas ou subvencións que a universidade estableza, para posibilita-la continuidade e finalización de estudios, tendo en conta o rendemento académico e a súa situación económica.

e) Ser protexido polo réxime de aseguramento establecido legalmente.

f) A propiedade intelectual dos traballos artísticos, científicos ou técnicos que realicen no marco da súa actividade discente.

g) Recibir orientación educativa e profesional a través do persoal dos servicios correspondentes.

Artigo 31º

Son deberes específicos do estudiantado:

a) Cumpri-las tarefas de estudio e de investigación que lles correspondan na súa condición de universitarios.

b) Asistir regularmente ás actividades lectivas programadas, salvo nos casos de exención que autorice a xunta de centro ou escola consonte ó disposto no artigo 113º.3.

Artigo 32º

O claustro universitario elaborará e aprobará o Estatuto do Estudiantado para o desenvolvemento polo miúdo dos seus dereitos e deberes e para a regulación das súas condicións de estudio na universidade no prazo dun ano contado desde a aprobación destes estatutos, logo de informe, se é o caso, do Consello Universitario de Galicia.

Capítulo IV

Do persoal de administración e servicios

Artigo 33º

1. O persoal de administración e servicios constitúe o sector da comunidade universitaria ó que lle corresponden as funcións de xestión, apoio, asistencia, asesoramento, e realización de servicios á comunidade universitaria para posibilita-la consecución dos seus fins.

2. O persoal de administración e servicios estará constituído polo persoal laboral e polos funcionarios das escalas propias e das escalas doutras universidades de Galicia ou de corpos e escalas doutras administracións que presten os seus servicios na Universidade de Santiago de Compostela.

3. O persoal funcionario rexerase pola lexislación vixente que lle sexa de aplicación por estes estatutos e polas normas de xestión do seu cadro de persoal que aproben os órganos competentes da Universidade, logo de negociación coa Xunta de Persoal.

4. O persoal laboral rexerase por estes estatutos, pola lexislación laboral vixente e polo convenio colectivo vixente.

Artigo 34º

1. Son dereitos específicos do persoal de administración e servicios, ademais dos previstos para tódolos membros da comunidade universitaria e dos recoñecidos pola lexislación vixente:

a) Negociar coa universidade, mediante os seus representantes, as condicións de traballo económicas, laborais e profesionais.

b) Dispor dos medios axeitados para contribuír ó bo funcionamento do servicio público universitario e á mellora da súa xestión.

c) A formación e promoción profesional.

2. Son deberes específicos do persoal de administración e servicios, ademáis dos establecidos para tódolos membros da comunidade universitaria ou previstos na lexislación vixente:

a) O cumprimento das obrigas do seu posto e a prestación, con eficacia e calidade, dos servicios ós membros e usuarios da universidade.

b) A permanente actualización no posto que desempeñen, para o que contarán co apoio formativo da universidade a través de cursos e demais procedementos destinados para tal fin.

c) Someterse ó control obxectivo, periódico e rigoroso do seu labor, tanto individualmente como na globalidade do servicio no que se encadran.

Artigo 35º

1. O persoal de administración e servicios dependerá organicamente da Xerencia da Universidade. Funcionalmente dependerá da dirección do servicio, centro ou departamento ó que estea adscrito.

2. A Xunta de Goberno aprobará un manual de funcións do persoal de administración e servicios no que se determinará, entre outras cousas, a dependencia orgánica e funcional dos postos de traballo. Este manual actualizaráse de acordo coas modificacións da relación de postos.

3. Sen prexuízo das funcións que lle correspondan ó Consello Social, determinaranse regulamentariamente e de acordo coa normativa vixente que corresponda en cada caso os sistemas que permitan un control efectivo do rendemento do persoal de administración e servicios.

Artigo 36º

1. As escalas propias do persoal funcionario de administración e servicios serán as que, dentro das directrices xerais da política de persoal establecidas polo claustro no marco da programación plurianual, determine en cada momento a Xunta de Goberno, logo de negociación cos órganos de representación do funcionariado.

2. A clasificación en grupos e categorías do persoal laboral será a que se estableza no convenio colectivo de aplicación.

Artigo 37º

1. Trala proposta da Xerencia, que terá en conta as necesidades docentes e investigadoras, e oídos os órganos de representación do persoal de administración e servicios, a Xunta de Goberno establecerá a relación de postos de traballo correspondente ó persoal funcionario e laboral, que a enviará ó Consello Social para a súa aprobación. Esta relación de postos de traballo terá unha vixencia de dous anos, podendo ser revisada anualmente se as circunstancias o aconsellan.

2. Nas relacións de postos de traballo ós que se refire o parágrafo anterior debe indicarse como mínimo:

a) A denominación, as características esenciais das prazas, e a quenda.

b) O centro ou a unidade ó que pertence e, de se-lo caso, a condición de vacante.

c) Os requisitos establecidos para o seu desempeño.

d) O nivel de complemento de destino e, se é o caso, as retribucións complementarias.

e) O grupo ou a categoría profesional, as retribucións complementarias e a quenda, cando se trate de postos desempeñados por persoal laboral.

Artigo 38º

1. A selección do persoal de administración e servicios realizarase segundo os principios de publicidade, igualdade, capacidade e mérito.

2. A selección do persoal funcionario de administración e servicios, que se levará a cabo a través dos sistemas de concurso, oposición ou concurso-oposición, rexerase pola normativa que aprobe a Xunta de Goberno.

3. O sistema de selección e promoción do persoal laboral de administración e servicios será aprobado pola Xunta de Goberno de acordo, se é o caso, co establecido no convenio colectivo de aplicación que deberá axustarse ás modalidades de concurso, concurso-oposición ou oposición. As probas serán xulgadas por un tribunal presidido polo rector ou persoa na que delegue e composto por igual número de representantes da universidade, nomeados polo rector, e do comité de empresa. Designará un secretario, que actuará con voz pero sen voto.

4. As convocatorias, que se farán públicas polas canles axeitadas, referiranse ós requisitos que deberán reuni-los aspirantes, ó procedemento de selección e cualificación, ós exercicios concretos, ó programa de materias esixible, á composición dos tribunais e comisións encargadas de xulga-las probas, ó procedemento de abstención e recusación dos seus membros, ós recursos contra as actuacións e resolucións dos tribunais e comisións e ó procedemento de nomeamento dos que superen as probas.

5. A selección do persoal que deba ocupar postos de xefatura ou nivel superior ó basico do corpo ou escala, realizarase mediante un concurso de méritos entre o persoal funcionario da universidade ou, de se-lo caso, mediante libre designación con convocatoria pública.

Artigo 39º

1. Anualmente a Universidade de Santiago de Compostela e logo de negociación coa Xunta de Persoal convocará entre funcionarios do persoal de administración e servicios que reúnan os requisitos esixidos a porcentaxe de vacantes existentes que acorde a Xunta de Goberno para promoción interna do seu persoal.

2. A promoción do persoal laboral realizarase consonte o que se dispoña no convenio colectivo de aplicación.

TÍTULO SEGUNDO

Da estructura orgánica da universidade

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 40º

1. A Universidade de Santiago de Compostela, constituída polos campus de Santiago e Lugo, estructúrase basicamente en departamentos, facultades, escolas técnicas superiores, escolas universitarias e institutos universitarios, así como por aqueloutros centros que legalmente poidan ser creados.

2. Pertencen tamén á estructura orgánica da universidade as escolas de especialización profesional e demais centros de docencia ou investigación que figuran nestes estatutos.

Capítulo II

Dos departamentos

Artigo 41º

1. Os departamentos son os órganos básicos encargados da programación e do desenvolvemento do ensino e da investigación na universidade.

2. Os departamentos constituiranse por áreas de coñecemento científico, técnico ou artístico. Neles agrúpanse docentes e investigadores correspondentes a esas áreas. Para a súa constitución aplicarase o disposto na lexislación vixente.

3. Os departamentos serán únicos por cada área ou áreas de coñecemento para toda a Universidade de Santiago de Compostela, agás que razóns de especialización científica, técnica ou artística derivadas da duplicidade dos campus de Lugo e Santiago de Compostela aconsellen o contrario.

4. A Universidade de Santiago de Compostela poderá crear áreas de coñecemento propias para os efectos de constituír departamentos. A Xunta de Goberno determinará regulamentariamente os criterios e requisitos para a súa creación.

5. De acordo coa normativa vixente, a universidade, por acordo da Xunta de Goberno, poderá crear seccións departamentais que conten cun mínimo de 5 profesores con dedicación a tempo completo. O réxime e funcionamento das seccións departamentais serán reguladas pola Xunta de Goberno. Éstas seccións serán dirixidas por un catedrático ou profesor titular delas.

Artigo 42º

Son funcións dos departamentos:

a) A programación e seguimento das ensinanzas propias da área ou áreas de coñecemento da súa competencia, de acordo coa organización xeral dos centros nos que estas se impartan.

b) A organización dos estudios de doutoramento.

c) O desenvolvemento de cursos de especialización e actualización científicas e a contratación de traballos de carácter científico, técnico ou artístico.

d) A articulación e a coordinación da actividade investigadora realizada polos seus membros, individualmente ou formando parte de grupos de investigación.

e) O rexistro actualizado da producción científica e da actividade investigadora do departamento.

f) A formación do persoal docente e investigador da universidade.

g) A iniciativa para a creación, mantemento, minoración ou cambio de denominación de prazas de profesorado, funcionario ou contratado, así como, de se-lo caso, a proposta dos membros da comisión encargada de resolvela.

h) Calquera outra actividade encamiñada ó axeitado desenvolvemento da actividade docente e investigadora.

Artigo 43º

1. A creación, modificación, supresión e a determinación do nome dos departamentos corresponderalle á Xunta de Goberno.

2. A iniciativa para a creación dun Departamento corresponderalles a profesores que reunan o número mínimo previsto na lexislación vixente.

3. A iniciativa para promove-la creación dunha sección departamental corresponderalles ós profesores que reúnan o número mínimo establecido no artigo 41.5 destes estatutos.

Capítulo III

Das facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias

Artigo 44º

1. As facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias son os órganos encargados da xestión e organización dos estudios conducentes á obtención de títulos académicos de primeiro e segundo ciclo. Tamén poderán impartir ensinanzas conducentes á obtención doutros diplomas e títulos.

2. As titulacións universitarias de grao superior ou segundo ciclo corresponderanlles sempre ás facultades e escolas técnicas superiores.

Artigo 45º

Son funcións das facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias:

a) A elaboración dos programas de estudios das titulacións impartidas polo centro e a participación na elaboración daqueloutras compartidas por varios centros.

b) A organización e a xestión dos servicios docentes que lles correspondan.

c) A coordinación e a supervisión da actividade docente no centro de departamentos e profesorado.

d) A elaboración dun calendario de actividades lectivas para cada curso que se deberá facer público con anterioridade á apertura da matrícula.

e) A realización das actividades de administración académica que lles encomende a Xunta de Goberno.

f) A administración dos servicios, equipamentos e recursos do centro.

g) O coñecemento da actividade investigadora que se desenvolva no centro.

h) A realización de actividades de formación permanente ou de extensión universitaria no seu ámbito de competencia.

i) A organización e a promoción de estudios de posgrao.

Artigo 46º

1. Correspóndelle á Xunta de Galicia a creación e supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias, por proposta do Consello Social, co informe previo do Consello de Universidades e do Consello Universitario de Galicia.

2. A proposta do Consello Social deberá contar co informe previo da Xunta de Goberno. Esta proposta aterase á programación plurianual aprobada polo claustro. Tanto este como a Xunta de Goberno poderán toma-la iniciativa para a creación e supresión de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias, oídos os departamentos e os centros afectados.

3. O expediente de creación incluirá unha memoria na que se exporá, polo menos:

a) A conveniencia científica, social e económica da proposta.

b) O proxecto de programa ou programas de estudios das titulacións que se prevexa.

c) A relación de departamentos que terán ó seu cargo a función docente.

d) Os recursos humanos e necesidades materiais.

e) A previsión razoada do número de estudiantes.

f) A incidencia sobre outros centros existentes.

Capítulo IV

Dos institutos universitarios

Artigo 47º

Os institutos universitarios son centros esencialmente destinados á investigación ou á creación artística. Tamén poden realizar actividades docentes relacionadas con estudios do terceiro ciclo ou de especialización dentro da organización dos programas de estudio da universidade, ó tempo que poden prestar asesoramento técnico no marco da súa competencia.

Artigo 48º

1. Os institutos universitarios poderán ser: propios da Universidade de Santiago de Compostela; interuniversitarios; adscritos á universidade ou mixtos.

2. Os institutos propios da universidade dependerán da Xunta de Goberno, que aprobará o seu regulamento de réxime interno. Os restantes institutos serán creados a través do oportuno convenio,

no que, en todo caso, se garantirá a participación da Universidade no seu goberno, actividade e resultados científicos e económicos, polo menos en proporción ós recursos materiais e investigadores cos que contribúa. O seu regulamento de réxime interno será ratificado pola Xunta de Goberno.

3. No caso dos institutos universitarios mixtos, creados en colaboración con organismos públicos ou privados, establecerase unha estructura orgánica de múltiple dependencia das entidades colaboradoras.

Artigo 49º

1. No marco das liñas xerais que deberá aproba-lo claustro universitario, a Xunta de Goberno establecerá regulamentariamente as normas para a proposta de creación e o funcionamento dos institutos universitarios.

2. A creación, modificación, supresión ou adscrición de institutos universitarios levarase a cabo segundo o establecido no artigo 46.1º para a creación de facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias.

3. A iniciativa para a creación ou adscrición de institutos universitarios correspóndelles ós departamentos, ós centros ou a un grupo de investigadores.

4. Previo á proposta do Consello Social, para a creación de institutos universitarios propios, así como sobre os convenios para a creación de institutos interuniversitarios, mixtos ou adscritos, deberá emitir informe a Xunta de Goberno, no marco da programación plurianual, e oídos os departamentos interesados.

Artigo 50º

1. O persoal científico dos institutos estará integrado por profesores, axudantes, bolseiros de investigación e, se é o caso, por persoal investigador. Nos institutos que non sexan propios da universidade poderá haber tamén persoal científico funcionario ou laboral dependente doutras institucións públicas ou privadas. Tamén poderán pertencer ó persoal científico dun instituto, en calidade de investigadores colaboradores, persoas alleas á comunidade universitaria.

Artigo 51º

1. Os institutos universitarios e os membros do seu persoal científico a través destes, poderán contratar con entidades públicas ou privadas ou con persoas físicas a realización de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así coma a organización de cursos de especialización.

Capítulo V

Doutros centros de investigación

Artigo 52º

1. A Universidade, no uso da súa autonomía, pode crear centros especializados de finalidade funda

mentalmente investigadora e alcance máis limitado cós institutos de investigación.

2. A creación destes centros corresponderalle á Xunta de Goberno de acordo co regulamento aprobado polo claustro.

Capítulo VI

Das escolas de especialización profesional

Artigo 53º

1. As escolas de especialización profesional son centros universitarios orientados á formación e ó perfeccionamento profesional dos titulados universitarios ou, de se-lo caso, de estudiantes de cursos avanzados dos estudios universitarios.

2. Para o cumprimento dos seus fins, as escolas de especialización profesional poderán manter relacións cos colexios profesionais, corporacións e outras entidades públicas ou privadas relacionadas coa respectiva profesión.

3. Os criterios e condicións para o acceso ós estudios que se poden seguir nas escolas de especialización profesional deben ser determinados pola Xunta de Goberno, oída a escola correspondente.

Artigo 54º

1. A creación, modificación ou supresión de escolas de especialización profesional será aprobada polo Consello Social, por proposta da Xunta de Goberno.

2. A iniciativa para a creación das escolas de especialización profesional corresponderalles ós centros ou departamentos interesados e ás entidades a que se refire o parágrafo 2 do anterior artigo.

Artigo 55º

As ensinanzas das escolas de especialización profesional impartiraas profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, logo de informe positivo do consello de departamento ó que pertenzan, así como profesionais con coñecementos relacionados con ela.

Capítulo VII

Dos hospitais universitarios

Do Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Santiago de Compostela

Artigo 56º

1. O Complexo Hospitalario Clínico Universitario de Santiago de Compostela ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento, no máximo nivel científico-técnico, do labor asistencial e a realización das funcións docentes e investigadoras propias dos departamentos, centros e escolas profesionais vinculados ás áreas das ciencias da saúde.

2. O Complexo Hospitalario Clínico-Universitario deberá garanti-la impartición dos plans de estudios e programas docentes de ciclo único e tamén os de primeiro, segundo e terceiro ciclo, conducentes

á obtención dos títulos oficiais ou propios da Universidade, relacionados cos ámbitos sanitarios.

3. Os programas docentes desenvolvidos total ou parcialmente no Complexo Hospitalario Clínico Universitario complementarase cos propios da formación especializada, continuada e de posgrao, dirixidos ós profesionais das ciencias da saúde.

Artigo 57º

As funcións asistenciais do Complexo Hospitalario Clínico-Universitario de Santiago estarán enmarcadas dentro da rede sanitaria pública e regularanse a través dun réxime de concerto acordado polas partes que a lei establece, no que se recoñecerán as peculiaridades propias dos hospitais universitarios. Nese convenio estableceranse, entre outras cuestións, a estructura dos órganos de dirección e o sistema de designación dos directores, que deberán ser nomeados polo rector, así como as relacións dos profesionais das ciencias da saúde coa docencia universitaria.

-Do Hospital Clínico Veterinario

Artigo 58º

O Hospital Clínico Veterinario da Universidade de Santiago de Compostela ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento do labor asistencial co fin de mellora-las súas funcións docentes e investigadoras propias dos departamentos e centros vinculados ás áreas das ciencias da saúde e, ó mesmo tempo, potencia-las actividades productivas no sector primario das que a preservación e recuperación da saúde animal constitúen unha parte destacada.

Artigo 59º

Para a xestión do Hospital Clínico Veterinario a Universidade de Santiago de Compostela, para acada-los seus obxectivos e fins, asinará o correspondente convenio no que se recoñecerán as peculiaridades propias dos hospitais universitarios. Neste convenio estableceranse, entre outras cuestións, a estructura dos órganos de dirección e o sistema de designación do director veterinario, que deberá ser nomeado polo rector, así como as relacións do persoal facultativo coa docencia universitaria.

Capítulo VIII

Dos centros docentes adscritos ou vinculados

Artigo 60º

l. Son centros docentes adscritos ou vinculados á Universidade de Santiago de Compostela os que dependen de institucións públicas ou privadas que impartan ensino universitario ou equivalente de nivel superior, coa autorización da universidade e baixo o seu control.

2. A adscrición destes centros á universidade e a súa desvinculación será acordada pola Xunta de Galicia, logo do informe do Consello de Universidades, e deberá contar coa aprobación previa do

Consello Social dentro da programación plurianual aprobada polo claustro universitario.

3. As relacións entre os centros adscritos e a universidade regularanse por medio dun convenio de colaboración aprobado pola Xunta de Goberno e asinado entre o rector e o titular do centro. Neste convenio incluirase a constitución dun patronato que regulará o funcionamento do centro.

4. Corresponderalle ó rector nomear, polo menos, dous vocais deste patronato e o delegado da universidade no centro. Tamén é competencia do rector o nomeamento do director do centro, a proposta do padroado.

5. O control académico directo do centro exercerao o delegado da universidade, que sancionará os criterios de valoración para o acceso do estudiantado e as súas avaliacións, ó tempo que intervirá na selección do profesorado, sen prexuízo dos dereitos do titular do centro.

TÍTULO TERCEIRO

Do goberno da universidade

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 61º

1. O goberno da Universidade de Santiago de Compostela recaerá en órganos colexiados ou cargos unipersoais.

2. Os órganos colexiados son: o Consello Social, o claustro universitario, a Xunta de Goberno, as xuntas de facultade e de escolas técnicas superiores, de escolas universitarias e de escolas de especialización profesional, os consellos de departamentos, e os consellos de goberno e consellos científicos de institutos universitarios.

3. Os cargos unipersoais son o rector, os vicerrectores, o secretario xeral, o xerente, os decanos, os vicedecanos e os secretarios de facultades; os directores, os subdirectores e os secretarios de escolas técnicas superiores e de escolas universitarias; os directores e secretarios de escolas de especialización profesional; os directores e secretarios de departamentos e de institutos universitarios, e aqueloutros que figuren nestes estatutos.

Artigo 62º

1. Para o desempeño de cargos unipersoais deberán cumprirse os seguintes requisitos:

a) O profesorado deberá estar acollido ó réxime de dedicación a tempo completo, agás os directores dos institutos universitarios mixtos ou adscritos.

b) Os estudiantes deberán estar matriculados na modalidade de matrícula ordinaria.

c) Os membros do persoal de administración e servicios deberán ter como único emprego o que desenvolvan na Universidade de Santiago de Compostela.

2. En ningún caso se poderá exerce-la titularidade de máis dun dos devanditos cargos, nin a de calquera deles simultaneamente coa de cargos unipersoais de goberno doutra universidade ou do Consello Superior de Investigacións Científicas e dos seus centros respectivos.

3. O mandato dos cargos unipersoais electivos será de catro anos, e non se poderá ocupa-lo cargo máis de dous mandatos consecutivos. Non se computará como primeiro mandato o período derivado dunha moción de censura, nin o que sexa consecuencia dunha elección posterior á demisión ou imposibilidade do anterior titular.

4. Os cargos unipersoais electivos cesarán ó remate do seu mandato, por demisión, por disolución do órgano colexiado que os elixiu ou como consecuencia dunha moción de censura constructiva aprobada por maioría absoluta.

5. Os restantes cargos unipersoais serán nomeados e cesarán segundo o disposto para cada un deles nestes estatutos.

Artigo 63º

1. Os membros elixidos dos órganos colexiados serano por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto dos seus respectivos colexios electorais.

2. Para a elección de representantes nos órganos colexiados, ou para a elección de titulares de órganos unipersoais, non se admitirá o voto delegado nin o voto anticipado.

3. A resolución das reclamacións, impugnacións ou calquera outra cuestión que se suscite nos procesos electorais correspóndelle á Comisión Electoral da universidade, presidida polo rector ou persoa na que delegue, e integrada ademais por doce membros elixidos polo claustro universitario de acordo coa súa composición.

Artigo 64º

1. As decisións dos órganos colexiados da universidade adoptarán a forma de acordos, e as dos cargos unipersoais a de resolucións.

2. As resolucións do rector e os acordos do Claustro Universitario, da Xunta de Goberno e do Consello Social esgotan a vía administrativa e son impugnables directamente perante a xurisdicción contencioso-administrativa.

3. Os acordos dos restantes órganos colexiados serán susceptibles de recurso ordinario ante a Xunta de Goberno. As resolucións dos cargos unipersoais poderán impugnarse ante o rector.

4. O órgano competente na resolución do recurso poderá suspender, de oficio ou por instancia do recorrente, a execución do acto recorrido, de concorrer algunha das circunstancias previstas no artigo 111 da Lei 30/1992.

Capítulo II

Dos órganos xerais da universidade

Artigo 65º

1. O Consello Social é o órgano de participación da sociedade na Universidade de Santiago de Compostela.

2. O Consello Social está composto:

a) Nas dúas quintas partes por unha representación da Xunta de Goberno elixida por esta entre os seus membros. Formarán parte dela, ademais do rector, o secretario xeral, o xerente e os representantes de cada sector da comunidade universitaria. En todo caso haberá unha representación de ámbolos dous campus.

b) Nas tres quintas partes restantes, por unha representación dos intereses sociais, de acordo co que dispoña a correspondente Lei do Parlamento de Galicia.

3. Os membros do Consello Social que representen a universidade deberán reuni-los requisitos establecidos para o desempeño de cargos unipersoais.

Artigo 66º

Son competencias do Consello Social:

a) A aprobación do orzamento e da programación plurianual, por proposta da Xunta de Goberno.

b) A supervisión das actividades de carácter económico da universidade e do rendemento dos seus servicios.

c) A promoción da colaboración da sociedade no financiamento da universidade.

d) A proposta á Xunta de Galicia, da creación, supresión ou modificación de facultades, escolas técnicas superiores, escolas universitarias, escolas de especialización profesional, institutos universitarios, así como da adscrición de centros docentes ou investigadores.

e) A aprobación, por proposta da Xunta de Goberno, da relación de postos de traballo do persoal de administración e servicios da universidade e as súas modificacións.

f) A aprobación das normas que regulan a permanencia do estudiantado na universidade logo do informe do Consello de Universidades e, de se-lo caso, do claustro universitario.

g) Calquera outra competencia que lle atribúan a lexislación vixente ou estes estatutos.

2. Sen prexuízo do establecido no apartado anterior, o Consello Social non poderá asumir competencias de organización e fiscalización dos servicios de docencia e investigación, agás a do seu rendemento económico.

Artigo 67º

1. O claustro universitario é o máximo órgano representativo da comunidade universitaria.

2. O claustro universitario estará composto por:

a) O rector, que o presidirá e convocará, e o secretario xeral que o será tamén do Claustro.

b) 500 representantes dos diversos sectores da comunidade universitaria, elixidos mediante sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto coa seguinte composición numérica:

-325 profesores e axudantes, dos cales 25 serán axudantes. 140 estudiantes, dos cales 25 serán, do terceiro ciclo.

-35 membros do Persoal de Administracióne Servicios.

3. Os vicerrectores que non sexan membros do claustro universitario poderán asistir ás sesións con voz pero sen voto. Cando a natureza dos asuntos o requira, o rector ou a Mesa do Claustro poderá convocar para informe o xerente ou a calquera membro da comunidade universitaria

Artigo 68º

1. O claustro universitario será elixido cada catro anos. Os seus membros axudantes e estudiantes renovaranse cada dous anos.

2. A condición de membro do Claustro perderase co cesamento da vinculación académica ou laboral coa universidade, por deixar de pertencer ó sector da comunidade universitaria polo que se foi elixido, ou polo incumprimento reiterado dos seus deberes como claustral, nos termos previstos no seu regulamento.

Artigo 69º

1. O claustro universitario poderá traballar en pleno ou en comisións.

2. O pleno do claustro universitario deberá reunirse con carácter ordinario polo menos dúas veces ó ano durante o período lectivo, e con carácter extraordinario de acordo co que dispoña o seu regulamento de réxime interno.

Artigo 70º

Son competencias do claustro universitario as seguintes:

a) A elaboración, aprobación e modificación dos estatutos da universidade.

b) A elección de rector, a supervisión da súa xestión e, se é o caso, a súa remoción.

c) A discusión e aprobación da proposta de programación plurianual, na que se inclúan as liñas xerais de actuación da universidade, e as propostas de actualización anual da programación.

d) A discusión e votación do informe anual do rector, no que teñen que incluírse as liñas xerais da memoria económica do exercicio anterior.

e) A aprobación das liñas xerais do orzamento.

f) A elaboración e aprobación do seu regulamento de réxime interno, que deberá ser aprobado por maioría absoluta.

g) A redacción e aprobación das normas xerais de procedemento para a elaboración e aprobación dos programas de estudios.

h) A expresión da opinión da comunidade universitaria.

i) As restantes que lle atribúan estes estatutos.

Artigo 71º

1. A Xunta de Goberno é o órgano ordinario de goberno da universidade.

Estará integrada por:

a) O rector, que a presidirá e convocará.

b) O secretario xeral, que o será tamén da Xunta de Goberno; os vicerrectores e o xerente.

c) Tódolos decanos e directores de escolas técnicas superiores e escolas universitarias.

d) 15 representantes dos directores de departamento, garantindo a representación das grandes áreas científicas e do campus de Lugo.

e) 1 representante dos directores de institutos universitarios.

f) 25 representantes do claustro universitario, elixidos polo sector correspondente de entre os seus membros, de forma que se garanta a presencia dos campus de Santiago e Lugo, coa seguinte composición:

4 profesores

2 axudantes.

14 estudiantes, dos que 3 serán do terceiro ciclo.

5 membros do persoal de administración e servicios.

Artigo 72º

1. A Xunta de Goberno poderá traballar en pleno ou en comisións.

2. A Xunta de Goberno celebrará, polo menos, unha sesión plenaria con carácter ordinario cada trimestre lectivo.

Artigo 73º

Cando a Xunta de Goberno deba tomar acordos que afecten específicamente a un departamento ou instituto, o rector poderá convocar con voz pero sen voto os directores destes, de non seren membros desta, de conformidade co artigo 16.3º da Lei de reforma universitaria. Tamen poderá convocar con voz pero sen voto a calquera persoa cando o requira a natureza dos asuntos que se van tratar.

Artigo 74º

Son competencias da Xunta de Goberno:

a) O coñecemento e a proposta ó Consello Social do proxecto de programación plurianual aprobado polo Claustro e as súas actualizacións anuais.

b) A creación, modificación ou supresión de departamentos e a súa adscrición ós centros.

c) A aprobación dos programas de estudio, logo do informe da comisión correspondente do Claustro, e o seu sometemento á consideración do Consello Social para que este aprobe o financiamento necesario.

d) A determinación da capacidade dos centros e as normas de acceso.

e) A aprobación e a modificación do cadro de persoal docente.

f) A proposta ó Consello Social da aprobación e modificación dos cadros de persoal de administración e servicios da universidade.

g) A designación dos membros das comisións de selección de persoal docente funcionario.

h) O acordo de provisión de prazas de persoal da universidade.

i) O acordo de nomeamento de profesorado emérito.

l) O acordo e a proposta ó Claustro do nomeamento de doutores honoris causa.

m) A aprobación e proposta ó Consello Social do proxecto de orzamento.

n) A aprobación da distribución de créditos entre centros, departamentos, institutos e servicios,

ñ) O coñecemento e a aprobacion da memoria económica.

o) A aprobación dos convenios de colaboración con outras universidades ou entidades públicas ou privadas.

p) A creación, modificación ou supresión dos servicios de apoio á docencia e á investigación e os de promoción e asistencia á comunidade universitaria.

q) A realización de propostas en todos aqueles asuntos nos que o Consello Social deba tomar decisións ou facer proposicións, agás nos casos de atribución expresa a outros órganos de goberno.

r) O nomeamento da comisión de doutoramento.

s) A aprobación das seguintes normas regulamentarias:

-O seu regulamento de réxime interno.

-O regulamento do terceiro ciclo.

-A normativa de xestión académica.

-A ratificación dos regulamentos de réxime interno dos centros, departamentos, e escolas de especialización profesional.

-O regulamento para a proposta de asignación dos conceptos retributivos extraordinarios previstos na lexislación vixente.

-O regulamento de profesorado.

-As normas de xestión do cadro de persoal de administración e servicios funcionario.

-O regulamento da Biblioteca Universitaria e do Arquivo Universitario.

-Calquera outra norma regulamentarias non atribuída expresamente ó claustro universitario nestes estatutos.

t) Calquera outra competencia atribuída pola lexislación vixente ou polos presentes estatutos.

Artigo 75º

O rector ou rectora representa a universidade, exerce a súa dirección, coordina a xestión académica e administrativa, preside o claustro universitario e a Xunta de Goberno, e executa os acordos do Consello Social, do claustro universitario e da Xunta de Goberno.

Artigo 76º

O rector será elixido polo claustro universitario de entre os catedráticos de universidade que presten os seus servicios na Universidade de Santiago de Compostela, e será nomeado pola Xunta de Galicia.

Artigo 77º

No caso de ausencia ou enfermidade do rector, asumirá as súas funcións o vicerrector que el designe. De estar imposibilitado o rector para designar substituto, corresponderalle á Xunta de Goberno a elección do vicerrector encargado de exerce-las funcións, sen prexuízo de abrir, de se-lo caso, o procedemento da elección dun novo rector.

Artigo 78º

Son competencias do rector:

a) A representación da universidade perante os poderes públicos e toda clase de persoas ou entidades públicas ou privadas.

b) A decisión da interposición de recursos administrativos e o exercicio de accións xudiciais, dándolle conta previa ou posterior á Xunta de Goberno, á vez que a representación xudicial e administrativa da universidade en toda clase de actos ou negocios xurídicos, podendo outorgar mandatos para o exercicio desta representación.

c) A presidencia dos actos universitarios ós que concorra, sen prexuízo do que dispón a normativa estatal e, de se-lo caso, autonómica so-bre precedencias.

d) A presidencia e a convocatoria das sesións do claustro universitario e da Xunta de Goberno.

e) A execución dos acordos do claustro universitario, da Xunta de Goberno e do Consello Social.

f) A vixilancia do cumprimento da legalidade en tódalas actuacións da universidade.

g) O asinamento de todo tipo de convenios en nome da universidade.

h) A determinación do número, denominación e competencias dos vicerrectores, así como o nomeamento destes, do secretario xeral e do xerente, e

de existiren, o do secretario xeral adxunto e do vicexerente ou vicexerentes.

i) O nomeamento dos decanos e vicedecanos de facultades, os directores e subdirectores de escolas técnicas superiores, de escolas universitarias e de escolas de especialización profesional, segundo as propostas das xuntas dos respectivos centros, e os directores de departamentos e institutos segundo as propostas dos seus consellos.

l) O nomeamento dos xefes dos servicios administrativos, segundo as propostas das comisións xulgadoras dos oportunos concursos.

m) O nomeamento dos directores dos servicios xerais de apoio á docencia, á investigación e os de asistencia á comunidade universitaria.

n) O nomeamento do profesorado e do persoal de administración e servicios.

ñ) A expedición dos títulos e diplomas outorgados pola universidade.

o) A ordenación dos gastos e dos pagamentos en execución do orzamento da universidade.

p) A adopción respecto do persoal docente e non docente das decisións relativas a situacións administrativas e réxime disciplinario, con excepción da separación do servicio.

q)Calquera outra función que lle atribúan a lexislación universitaria, os presentes estatutos e, en xeral, aquelas que non estean expresamente atribuídas a outros órganos da universidade.

Artigo 79º

1. Os vicerrectores ou vicerrectoras serán nomeados polo rector de entre os membros da comunidade da Universidade de Santiago de Compostela.

2. Correspóndelles ós vicerrectores coordinaren e dirixiren as actividades no ámbito de competencia encomendada, baixo a autoridade do rector.

3. Os vicerrectores cesarán no seu cargo por demisión ou por decisión do rector.

Artigo 80º

1. O secretario xeral ou secretaria xeral da Universidade será nomeado/a polo rector de entre o profesorado funcionario da Universidade de Santiago de Compostela.

2. O secretario xeral cesará no seu cargo por demisión ou por decisión do rector.

Artigo 81º

1. O secretario xeral desempeñará a secretaría do claustro universitario e da Xunta de Goberno. Encargarase de dar fe de tódolos actos e acordos dos órganos colexiados de representación, goberno e administración da universidade.

2. Son funcións específicas do secretario xeral:

a) A formación e a custodia dos libros de actas dos órganos xerais de representación e goberno da

Universidade e a expedición de certificacións do que conteñen e calquera cuestión que conste na documentación oficial da universidade.

b) A recepción e a custodia das actas de cualificación de exames.

c) A custodia do arquivo universitario e a do selo oficial da universidade.

d) A publicidade dos acordos da universidade.

e) A organización dos actos solemnes da universidade e a xefatura de protocolo.

f) As restantes funcións que lle atribúan a lexislación vixente, estes estatutos ou os regulamentos da universidade.

Artigo 82º

1. O xerente ou a xerente exercerá, baixo a autoridade do rector, a xestión dos servicios económicos e administrativos da universidade; por outra parte, pode desempeñar, por delegación do rector, a xefatura do persoal de administración e servicios e a xestión do patrimonio da universidade nos termos establecidos no título sétimo destes estatutos.

2. O xerente é nomeado polo rector, unha vez oído o Consello Social, entre titulados superiores. Cesará no seu cargo por demisión ou por decisión do rector.

3. O cargo de xerente será incompatible co exercicio da docencia ou de calquera outra actividade pública ou privada.

Artigo 83º

1. O rector, de estimalo necesario, poderá nomear adxuntos os vicerrectores e o secretario xeral para auxilialos no seu labor de goberno universitario no respectivo ámbito de competencia. As persoas nomeadas deberán cumpri-las condicións establecidas no artigo 62º destes estatutos. As funcións propiamente técnico-administrativas reservaranse sempre ós membros do persoal de administración e servicios.

2. En tódolos casos incluídos neste artigo, o rector informará das súas decisións a Xunta de Goberno e o claustro universitario.

Capítulo III

Dos órganos dos centros

Artigo 84º

Os órganos de goberno e administración das facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias son os seguintes:

a) A xunta de facultade ou escola.

b) O decano ou decana ou o director ou directora.

c) Os vicedecanos ou vicedecanas ou os subdirectores ou subdirectoras.

d) O secretario ou secretaria.

Artigo 85º

A xunta de facultade ou de escola é o órgano colexiado de goberno do centro, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da facultade ou escola e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión.

Artigo 86º

1. A xunta de facultade ou de escola estará composta por:

a) O decano ou o director, que a presidirá e convocará.

b) Os vicedecanos ou subdirectores e o secretario, que o será tamén da xunta.

c) O seguinte profesorado censado no centro: os funcionarios docentes; os eméritos; os axudantes; os contratados a tempo completo, e os contratados a tempo parcial, nunha proporción que non exceda do 10% da suma dos profesores dos tipos precedentes, ou do 20% no caso das escolas que imparten titulacións técnicas.

d) Unha representación dos bolseiros de investigación con docencia no centro nunha proporción do 5% do total da xunta.

e) Unha representación de estudiantes do primeiro e segundo ciclo nunha porcentaxe do 20% do total da xunta, e unha representación de estudiantes do terceiro ciclo nunha porcentaxe do 5% do total da xunta.

f) Unha representación do persoal de administración e servicios censado no centro nunha proporción do 5% do total da xunta, cun mínimo de dous.

g) O profesorado e axudantes non censados no centro sempre que a súa carga docente anual nel non sexa inferior a 9 créditos.

2. Tamén poderán asistir á xunta de facultade ou escola, con voz, pero sen voto:

a) O profesorado visitante

b) Todo o profesorado, axudantes, ou bolseiros que impartan docencia no centro e non sexan membros dela.

3. Tódolos representantes elixidos serano por dous anos, salvo os estudiantes que o serán por un ano. A condición de membro da xunta perderase ó cesa-la vinculación académica ou administrativa co centro.

4. O profesorado, axudantes e bolseiros estarán censados soamente nun centro desta universidade, nas condicións que estableza a Xunta de Goberno.

5. Os estudiantes figurarán no censo daqueles centros responsables da titulaciónou titulacións en que estean matriculados.

Artigo 87º

1. A xunta de facultade ou de escola elaborará un regulamento de réxime interno no que se determinarán os distintos aspectos do seu funcionamento.

2. O regulamento poderá establecer unha comisión permanente, integrada polo decano ou director, que a presidirá e a convocará; os vicedecanos ou subdirectores; o secretario, que o será tamén da comisión permanente e unha representación proporcional dos distintos sectores que integren a xunta. O ámbito de competencia da comisión permanente determinarase regulamentariamente.

3. O número de membros da comisión permanente nunca poderá exceder un tercio dos membros da xunta de facultade ou de escola.

4. O regulamento dos centros tamén poderá crear comisións delegadas, determinando a súa composición e funcións.

5. O regulamento arbitrará os medios necesarios para que os membros da xunta estean en disposición de asistir as súas reunións.

Artigo 88º

A xunta de facultade ou de escola reunirase, con caracter ordinario, polo menos, unha vez ó trimestre en período lectivo, e con carácter extraordinario tal como se dispoña no seu regulamento de réxime interno.

Artigo 89º

Son competencias da xunta de facultade ou de escola:

a) A elección do decano ou director e, se é o caso, a súa revogacion.

b) A elaboración e a aprobación do seu regulamento de réxime interno.

c) A supervisión da xestión dos restantes órganos de goberno e de administración do centro.

d) A elaboración e a aprobación dos proxectos de plans de estudios das titulacións radicadas no centro, consonte a lexislación vixente e as normas xerais emanadas do claustro universitario.

e) A aprobación das liñas xerais da política académica do centro e, entre elas, a proposta e implantación de novas titulacións, a creación de escolas de especialización profesional dependentes do centro e a organizacion de cursos ou estudios de posgrao.

f) A organización dos servicios docentes para a obtención dos títulos académicos do seu ámbito, así como a coordinación e a supervisión da actividade docente do profesorado con docencia no centro, e igualmente a supervisión do seu cumprimento.

g) A programación dos servicios e equipamentos do centro e a supervisión da súa xestión.

h) A distribución das asignacións orzamentarias concedidas ó centro e o control da súa aplicación.

i) O informe verbo das propostas de creación, modificación ou supresión de departamentos relacionados co centro pola súa docencia e investigación.

l) A organización de actividades de forma

ción permanente e de extensión

m) A manifestación da súa opinión verbo de calquera asunto relacionado co centro ou coas súas actividades.

n) Calquera outra competencia que lle atribúan estes estatutos.

Artigo 90º

1. O decano ou director representa a facultade ou escola, exerce a súa dirección, preside e coordina a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos.

2. A xunta de facultade ou de escola elixirá o decano ou director, de entre os catedráticos ou profesores titulares que presten nela os seus servicios, que será nomeado polo rector.

Artigo 91º

1. Son competencias do decano ou director:

a) A representación da facultade ou escola.

b) A presidencia das reunións da xunta de facultade ou de escola e a de calquera outro órgano colexiado delas, así como a execución dos seus acordos.

c) A vixilancia do cumprimento da legalidade en tódalas actuacións da facultade ou escola.

d) A dirección da política académica da facultade ou escola.

e) A proposta ó rector do nomeamento e cesamento dos vicedecanos ou subdirectores e do secretario da facultade ou escola.

f) A vixilancia do respecto dos dereitos e do cumprimento dos deberes de tódolos membros da comunidade universitaria que desenvolven o seu labor no centro.

g) O control do cumprimento das obrigas docentes e discentes.

h) A vixilancia do patrimonio do centro.

i) O exercicio das restantes funcións que se deriven do seu cargo, así como aqueloutras que lle sinalen estes estatutos ou a lexislación universitaria.

2. As competencias do decano ou director estenderanse a tódolos asuntos concernentes ó goberno e á administración das facultades ou escolas, de non seren atribuídas a outros órganos.

Artigo 92º

1. O secretario da facultade ou escola é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do centro e, como tal, ten encomendada a custodia dos libros de actas e a expedición das certificacións dos acordos e de tódolos actos ou feitos que consten nos documentos oficiais do centro. Ademais, exercerá aqueloutras funcións que lle delegue o decano ou director ou

que lle encomenden a lexislación vixente e estes estatutos.

2. O secretario será nomeado polo rector, segundo a proposta do decano ou director de entre os profesores do centro.

3. O secretario cesará por demisión ou por decisión do rector, por proposta do decano ou director.

Artigo 93º

1. Os vicedecanos ou os subdirectores serán nomeados polo rector, por proposta do decano ou director, de entre os membros da comunidade universitaria da facultade ou escola.

2. É labor dos vicedecanos ou subdirectores coordinaren ou dirixiren, baixo a autoridade do decano ou director, a área ou áreas de competencias que este lles asigne. De existiren varios vicedecanos ou subdirectores, o decano ou director designará o que ten que substituílo en caso de ausencia ou enfermidade.

3. Os vicedecanos ou subdirectores cesarán no seu cargo por demisión ou por decision do rector, por proposta do decano ou director.

Capítulo IV

Dos órganos dos departamentos

Artigo 94º

Son órganos de dirección do departamento:

a) O consello de departamento.

b) O director ou directora .

c) O secretario ou secretaria.

Artigo 95º

1. O consello de departamento estará composto por:

a) O funcionariado docente dos corpos legalmente establecidos, o profesorado emérito e o profesorado contratado a tempo completo.

b) Os axudantes do departamento.

c) O profesorado contratado a tempo parcial, nunha proporción que non exceda do 10% do total de membros do consello ou o 20% en departamentos que impartan máis de 50% da súa docencia en titulacións de carácter técnico.

d) Unha representación de bolseiros e persoal investigador do 5 % do total dos membros do consello.

e) Unha representación dos estudiantes do ámbito de docencia do departamento, elixidos cada dous anos, que suporá o 25% do total dos membros do consello de departamento. Desta porcentaxe o 10% corresponderá a estudiantes de primeiro e segundo ciclo e o 15% ós de terceiro ciclo.

2. O consello de departamento poderá invitar para asistir ás súas reunións para discutir asuntos específicos, con voz pero sen voto, a calquera membro

da comunidade universitaria que poida resultar afectado por eles.

3. O consello de departamento reunirase por iniciativa do director ou a pedimento dun tercio dos seus membros. Celebrará, polo menos, unha sesión ordinaria cada trimestre do ano lectivo.

Artigo 96º

1. O consello de departamento elaborará un regulamento de réxime interno no que se determinarán os distintos aspectos do seu funcionamento, de acordo coa lexislación vixente, con estes estatutos e coas normas que os desenvolvan.

2. O regulamento poderá establecer unha comisión permanente integrada polo director, que a presidirá e a convocará; o secretario, que o será tamén da comisión permanente; e unha representación proporcional dos distintos sectores que integran o consello. O ámbito de competencias desta comisión definirase no regulamento.

Artigo 97º

Corresponderalle ó consello de departamento:

a) A elección do director e, de se-lo caso, a proposta ó rector da súa remoción mediante moción de censura constructiva que, en todo caso, deberá ser aprobada por maioría absoluta dos membros do consello de departamento.

b) A planificación e coordinación da actividade docente e a coordinación da actividade investigadora do departamento, así como o control do seu cumprimento.

c) A formulación das demandas de profe

sorado de acordo coas necesidades docentes dos centros, dos seus programas de investigación e do terceiro ciclo, e a información sobre a procedencia do mantemento, minoración ou cambio de denominación ou categoría dunha praza.

d) A concesión do consentimento ó director do departamento para a negociación dos traballos e cursos ós que se refire o Artigo 11 da Lei de reforma universitaria, sempre que isto afecte o departamento como tal.

e) A aprobación do orzamento anual do departamento.

f) A elaboración e aprobación do seu regulamento de réxime interno.

g) A creación de comisións para o mellor desenvolvemento das súas funcións.

h) A promoción do perfeccionamento da docencia.

i) A solicitude de convocatoria a concurso das prazas vacantes de catedráticos e profesores titulares e a solicitude de contratación de profesores asociados, profesores visitantes e axudantes, así como as propostas de membros das comisións correspondentes consonte a lexislación vixente.

l) A emisión dos informes preceptivos sobre a actividade docente e investigadora do seu profesorado e persoal investigador ou sobre o rendemento académico do seu estudiantado.

m) O informe dos proxectos de teses de doutoramento e a proposta das comisión xulgadoras das devanditas teses.

n) Calquera outra competencia que lle atribúa estes estatutos ou a lexislación vixente.

Artigo 98º

1. O director representa ó departamento, exerce a súa dirección, preside a actuación dos seus órganos colexiados e executa os seus acordos.

2. A dirección do departamento corresponderalle por elección a un dos seus membros que teña categoría de catedrático de universidade. De non haber candidato desta categoría, ou no caso de non acadar ningún dos candidatos maior número de votos positivos ca negativos, procederase á celebración dunha nova elección á que poderán incorpora-la súa candidatura os profesores titulares de univesidade e os catedráticos de escola universitaria que posúan o título de doutor. Se neste último proceso o número de votos negativos é superior ó de positivos, deberá repetirse a elección e poderán ser candidatos os profesores titulares de escola universitaria co título de doutor.

3. De non se poder levar a cabo o nomeamento do director do departamento por falta de candidatos que reúnan os requisitos esixidos, a Xunta de Goberno, trala proposta do rector, encargará provisoriamente das funcións de dirección a un dos profesores do departamento ou, no seu defecto, doutro departamento. Rematado o curso académico, convocaranse eleccións.

4. O director do departamento será elixido polo consello de departamento nos termos do artigo anterior e nomearao o rector. O nomeamento comunicaráselles á Xunta de Goberno e ós decanos e directores das facultades e escolas onde o departamento desenvolva as súas funcións docentes e investigadoras.

5. En caso de ausencia ou enfermidade, o director será substituído, con carácter accidental, polo catedrático ou profesor titular designado polo director, e no seu defecto, polo de maior antigüidade.

Artigo 99º

1. Son competencias do director do departamento:

a) A presidencia e a convocatoria do consello de departamento.

b) A execución dos acordos adoptados polo consello de departamento e a vixilancia do seu cumprimento.

c) A organización e a coordinación, de acordo co consello de departamento, dos medios persoais e

materiais dos que se dispoña para cumpri-los obxectivos investigadores e docentes.

d) A execución das previsións orzamentarias.

e) A negociación con entidades públicas e privadas, e de acordo co consello de departamento, para a contratación de traballos de carácter científico, técnico ou artístico, así como para o desenvolvemento de cursos de especialización, sempre que isto afecte o departamento como tal.

f) Calquera outra función que afecte ó departamento e que non se lle atribuíse explicitamente ó seu consello ou a outros órganos da universidade.

2. As competencias do director do departamento esténdense a tódolos asuntos relacionados co goberno e a administración do departamento, de non seren atribuídos a outros órganos.

Artigo 100º

1. O secretario do departamento é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do departamento e, como tal, ten encomendada a custodia dos libros de actas e a expedición das certificacións dos acordos e de tódolos actos que consten nos documentos oficiais do departamento. Ademais exercerá aqueloutras funcións que lle delegue o director ou lle encomende a lexislación ou estes estatutos.

2. O secretario será nomeado polo director de entre o profesorado e axudantes do departamento.

3. O secretario cesará por demisión ou por decisión do director do departamento.

Capítulo V

Dos órganos dos institutos universitarios

Artigo 101º

Os órganos de goberno dos institutos propios da Universidade de Santiago de Compostela serán:

a) O consello de goberno.

b) O consello científico.

e) O director ou directora.

d) O secretario ou secretaria.

Artigo 102º

1. O consello de goberno estará composto por:

a) O rector da universidade, ou vicerrector no que delegue, que o presidirá e o convocará.

b) Outros cargos académicos ou profesores da universidade especificados no regulamento de réxime interno do instituto.

c) De habelos, os representantes de institucións públicas ou privadas que contribúan de maneira substancial e estable ó financiamento ou á actividade investigadora do instituto.

d) O director do instituto.

e) O secretario do instituto, que o será tamén do consello de goberno.

2. Os membros universitarios deberán constituír sempre a maioría do consello de goberno.

3. O consello de goberno reunirase, polo menos, unha vez ó ano en sesión ordinaria, e en sesión extraordinaria de acordo co que estableza o seu regulamento de réxime interno.

Artigo 103º

Serán funcións do consello de goberno:

a) A elección do director do instituto trala proposta do consello científico e, de darse o caso, a proposta da súa remoción ó rector mediante acordo adoptado pola maioría absoluta dos seus membros.

b) A proposta de orzamento e a programación do instituto á Xunta de Goberno.

c) A aprobación da memoria anual de actividades e a memoria económica.

d) A promoción do financiamento e a dotación do instituto.

e) A proposta á xunta de goberno de incorporación ó consello de goberno de novos membros en representación da comunidade universitaria ou de institucións públicas ou privadas.

f) A proposta á Xunta de Goberno da modificación do regulamento do instituto.

g) Outras funcións que estableza o regulamento do instituto en desenvolvemento destes estatutos.

Artigo 104º

1. O consello científico estará composto por:

a) O director do instituto, que o presidirá e o convocará.

b) O secretario do instituto, que o será tamén do consello científico.

c) Os doutores membros do persoal científico do instituto que especifique o regulamento de réxime interno.

d) Unha representación dos titulados superiores non doutores vinculados ó instituto, equivalente ó 15% do total do consello científico.

2. O consello científico reunirase, polo menos, dúas veces ó ano en período lectivo.

Artigo 105º

Son funcións do consello científico:

a) A proposta ó consello de goberno do nomeamento do director do instituto.

b) A aprobación do ingreso de novos membros do persoal científico do instituto e o seu cesamento.

c) A información das propostas de programas, orzamento e memoria económica e de actividades do instituto.

d) A programación das actividades científicas, docentes e de asesoramento técnico do instituto e a vixilancia da súa realización.

e) A información dos contratos do instituto ou dos seus profesores.

f) Outras funcións que dispoña o seu regulamento en desenvolvemento destes estatutos.

Artigo 106º

1. O director do instituto será un funcionario docente da universidade, co título de doutor e dedicación a tempo completo.

2. O director elixirao o consello de goberno, trala proposta do consello científico, e nomearao o rector.

Artigo 107º

Correspóndelle ó director:

a) A convocatoria e a presidencia do consello científico, a execución dos seus acordos e a súa representación perante o consello de goberno.

b) A representación do instituto no ámbito da súa competencia.

c) A elaboración das propostas de orzamento e a programación do instituto.

d) A redacción da memoria de actividades e a memoria económica.

e) O nomeamento do secretario.

f) A autorización dos gastos dentro do orzamento anual.

Artigo 108º

1. O secretario do instituto é quen dá fe dos actos e acordos dos órganos de goberno, representación e administración do instituto e, como tal, ten encomendada a custodia dos libros de actas e a expedición de certificacións dos acordos e de tódolos actos ou feitos que consten nos documentos oficiais do instituto. Ademais exercerá aqueloutras funcións que lle delegue o director ou que lle encomende a lexislación vixente e estes estatutos.

2. O secretario nomearao o director de entre o persoal científico do instituto.

Artigo 109º

Unha vez aprobada a creación do instituto, o rector nomeará un director en funcións de entre os membros do grupo promotor que cumpran as condicións establecidas para o desempeño de cargos unipersoais, que cesará como tal ó se cumpriren as previsións regulamentarias sobre constitución dos órganos ordinarios de goberno do instituto.

Artigo 110º

Os órganos de goberno dos institutos interuniversitarios, dos adscritos e dos mixtos definiranse nos convenios de creación ou adscrición. En todo caso, a Universidade de Santiago de Compostela procurará que a súa natureza e o seu funcionamento se axusten

todo o posible ó que se establece nos presentes estatutos para os institutos propios.

Capítulo VI

Dos órganos das escolas de especialización, e demais centros de docencia ou investigación

Artigo 111º

Os órganos de goberno das escolas de especialización profesional e demais centros de docencia ou investigación serán os previstos nas súas normas de creación, de acordo co disposto nestes estatutos.

TÍTULO CUARTO

Do estudio,a docencia e a investigación

Capítulo I

Do réxime dos estudios

Artigo 112º

1. A admisión na Universidade de Santiago de Compostela estará aberta a todas aquelas persoas que poidan acredita-la súa aptitude para o ingreso, de acordo cos criterios establecidos pola propia Universidade no marco das disposicións legais vixentes.

2. A Universidade de Santiago de Compostela convocará anualmente probas de acceso para aquelas persoas que non posúan a titulación requirida para cursar estudios universitarios e desexen obter un título superior. Dentro do sinalado pola legalidade vixente, as caracteristicas destas probas estableceraas a Xunta de Goberno.

3. As condicións para o acceso de titulados do primeiro e segundo ciclo serán propostas polos centros e aprobadas pola Xunta de Goberno.

Artigo 113º

1. A Universidade de Santiago de Compostela, por acordo da Xunta de Goberno, regulará as modalidades de matrícula para os estudios que desenvolva.

2. En todo caso, a realización da matrícula supón o dereito e o deber de asistencia ás clases teóricas e prácticas propias de cada materia e a realización dos traballos complementarios axeitados.

3. Con carácter singular para casos específicos, a Xunta de centro poderá concedela dispensa de asistencia a clase, sempre que se pida previamente e se xustifiquen documentalmente as causas do pedimento.

Artigo 114º

Correspóndelle á Xunta de Goberno da Universidade determina-la capacidade dos centros universitarios trala proposta destes e consonte os módulos obxectivos fixados polo Consello de Universidades.

Artigo 115º

1. A avaliación do rendemento de cada estudiante farase mediante un conxunto de traballos e exercicios sobre os contidos de cada materia. Esta avaliación será realizada de forma ordinaria polo profesor encargado do curso de acordo cos criterios esta

blecidos polos consellos de departamento. A Xunta de Goberno elaborará unha normativa para articula-los procedementos extraordinarios de avaliación e a revisión de cualificacións.

2. De considera-lo estudiante que a cualificación recibida supón un tratamento arbitrario ou discriminatorio, poderá solicitar do decano ou director do centro, mediante petición razoada, a revisión da súa cualificación.

Artigo 116º

Cada centro nomeará unha comisión de validación que será a encargada de proporlle ó rector a resolución das solicitudes de adaptacións ou validacións, logo de informe dos departamentos responsables.

Capítulo II

Da organización da docencia

Artigo 117º

A Universidade de Santiago de Compostela ofrecerá estudios dirixidos á obtención de títulos de carácter oficial e con validez en todo o territorio español, así como estudios encamiñados á obtención doutros títulos ou diplomas.

Artigo 118º

Os estudios do primeiro tipo mencionado no artigo anterior conducirán ós títulos de diplomado ou diplomada, arquitecto técnico ou arquitecta técnica, mestre ou mestra, enxeñeiro técnico ou enxeñeira técnica, licenciado ou licenciada, arquitecto ou arquitecta, enxeñeiro ou enxeñeira e doutor ou doutora. A Xunta de Goberno establecerá os procedementos para a obtención destes títulos, que serán expedidos polo rector en nome do xefe do Estado.

Artigo 119º

No exercicio da súa autonomía, a Universidade de Santiago de Compostela poderá outorgar tamén títulos propios, que serán expedidos polo rector. A Xunta de Goberno establecerá os procedementos para a expedición dos devanditos títulos, así como o réxime de vinculación dos estudiantes coa universidade.

Artigo 120º

1. A creación ou supresión das titulacións de carácter oficial e validez en todo o territorio español será aprobada pola Xunta de Galicia, trala proposta do claustro universitario, logo dos informes da Xunta de Goberno, do Consello Universitario de Galicia e do Consello de Universidades.

2. A adscrición de titulacións ós centros correspóndelle ó claustro universitario, logo do informe da Xunta de Goberno.

Artigo 121º

A Universidade de Santiago de Compostela poderá establecer estudios de posgrao que conduzan á obtención de certificados e diplomas de especialización ou títulos de especialista. A Xunta de Gober

no establecerá as normas xerais que regulen a organización e a aprobación destes estudios, así coma o procedemento para a expedición dos certificados ou diplomas correspondentes.

Artigo 122º

1. As facultades e escolas técnicas superiores organizarán os estudios que darán dereito á obtención dos títulos correspondentes ó primeiro e segundo ciclo, sen prexuízo do establecido nos parágrafos seguintes deste mesmo artigo.

2. As escolas universitarias organizarán os estudios que permitirán a obtención dos títulos de diplomado e diplomada, mestre e mestra, enxeñeiro técnico e enxeñeira técnica ou arquitecto técnico e arquitecta técnica abranguidos no seu ámbito de competencia.

3. Os departamentos, ademais de participaren na programación dos estudios correspondentes ós dous primeiros ciclos, organizarán aqueles que conduzan á obtención dos títulos de doutor ou doutora do seu ámbito de competencia, así coma outros estudios que poidan dar dereito á obtención de certificados ou diplomas de especialización.

4. Os institutos universitarios poderán organiza-los estudios que conduzan á obtención de certificados ou diplomas de especialización e, de se-lo caso, elaborar e coordinar programas de terceiro ciclo baixo a dirección académica dun departamento.

5. As escolas de especialización profesional e os demais centros da Universidade de Santiago de Compostela poderán organiza-los estudios dirixidos á obtención de certificados ou diplomas de especialización.

Artigo 123º

1- As facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias organizarán e proporán os programas de estudio correspondentes ós seus respectivos ciclos e ámbitos de actuación no marco das normas emanadas do claustro universitario e coa participación dos departamentos afectados.

2. A Xunta de Goberno aprobará os programas de estudios, logo do informe da comisión correspondente do claustro universitario, e remitiraos ó Consello de Universidades para a súa homologación.

3. De non existir centro responsable por tratarse dunha titulación nova, o rector, oída a Xunta de Goberno, nomeará unha comisión redactora do programa de estudios.

Artigo 124º

A docencia das materias previstas nos programas de estudio será encargada polos centros ós departamentos correspondentes, que deberán garanti-la súa realización.

Artigo 125º

O título de licenciado ou licenciada con grao poderase obter mediante:

a) A superación dun exame xeral de fin de carreira.

b) A elaboración e a aprobación dun traballo individual de investigación realizado no seo dun departamento.

En ámbolos dous casos, os centros determinarán o procedemento requirido para acceder a esta titulación, que terá que ser aprobado pola Xunta de Goberno.

Capítulo III

Do terceiro ciclo e da investigación

Artigo 126º

1. A obtención do título de doutor ou doutora pola Universidade de Santiago de Compostela suporá a superación dos estudios do terceiro ciclo e a realización e a defensa dunha tese de doutoramento.

2. A tese de doutoramento consistirá nun traballo persoal e orixinal de investigación sobre unha materia relacionada co campo científico, técnico ou artístico propio do programa de doutoramento realizado polo doutorando.

Artigo 127º

Son estudiantes de terceiro ciclo aquelas persoas que estean a realiza-los cursos de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén terán esta condición os que nos tres anos seguintes ó remate do curso de doutoramento, estean a realiza-la tese de doutoramento con dedicación a tempo completo, acreditada polo departamento ou instituto.

Artigo 128º

Na Universidade de Santiago de Compostela existirá unha comisión de doutoramento encargada de resolve-las cuestións relativas ós estudios do terceiro ciclo. A súa composición e competencias serán determinadas pola Xunta de Goberno.

Artigo 129º

A Universidade de Santiago de Compostela, mediante as medidas organizativas, de orzamentos e de contratación que cumpran, asegurará e fomentará a realización da actividade investigadora nos seus departamentos e institutos, así como en todos aqueles centros de finalidade fundamentalmente investigadora que a universidade cree no uso da súa autonomía.

TÍTULO QUINTO

Dos servicios

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 130º

l. A Universidade de Santiago de Compostela establecerá e manterá servicios xerais de apoio á docencia e á investigación e servicios xerais de asistencia á comunidade universitaria para o mellor cumprimento dos seus obxectivos.

2. Ademais dos servicios recollidos expresamente nestes estatutos e dos xa existentes, a Xunta de Goberno poderá crear todos aqueles axeitados para cumpriren as finalidades descritas no parágrafo precedente e, de se-lo caso, suprimilos.

Artigo 131º

Para cada servicio a Xunta de Goberno aprobará un regulamento de funcionamento, e nos correspondentes ós servicios de apoio á docencia e a investigación figurará necesariamente a constitución dunha comisión. Tanto na elaboración do regulamento como na composición da comisión deberá garantirse a participación dos usuarios.

Capítulo II

Da Biblioteca e do Arquivo Universitario

Artigo 132º

1. A Biblioteca Universitaria é unha unidade funcional de apoio á docencia e á investigación. Está integrada por tódolos fondos documentais (manuscritos, impresos, audiovisuais ou en calquera outro soporte), sen prexuízo do establecido nestes estatutos para o Arquivo Universitario, adquiridos polos distintos organismos universitarios, calquera que sexa o concepto orzamentario co que se adquiran, polos procedentes de legados, doazóns e intercambio, e polos adquiridos por outros organismos en favor da universidade.

2. A Biblioteca Universitaria estructúrase consonte criterios de territorialidade ou de especialización das coleccións e/ou servicios, estando constituída pola Biblioteca Xeral, as bibliotecas de centro ou intercentro e as bibliotecas de institutos e doutros servicios universitarios, que estarán adscritas a algunha das anteriores. A unidade mínima bibliotecaria será a biblioteca de centro.

Artigo 133º

1. O persoal da Biblioteca Universitaria estará constituído por funcionariado pertencente ás escalas de facultativos de arquivos e bibliotecas, axudantes de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago de Compostela, ademais do restante persoal necesario para o desenvolvemento das súas funcións.

2. A dirección da Biblioteca Universitaria terá que recaer nun membro da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas. Corresponderalle a dirección e a coordinación das diversas unidades bibliotecarias da universidade. A provisión da praza de director farase mediante o procedemento de libre designación en convocatoria pública.

3. Constituirase unha Comisión da Biblioteca Universitaria e comisións de bibliotecas dos centros. A súa composición e funcións especificaranse no regulamento da Biblioteca Universitaria, debendo garanti-la participación de tódolos sectores da comunidade universitaria.

Artigo 134º

1. O Arquivo Universitario está constituído pola documentación administrativa e académica xerada pola universidade ó longo da súa historia, así como polos fondos documentais non universitarios, adquiridos, doados ou confiados en depósito á Universidade.

2. O Arquivo Universitario ten como función conservar, ordenar, clasificar e facilita-la consulta e utilización da documentación.

3. Dentro da unidade que constitúe o Arquivo Universitario, este estructurarase en administrativo e histórico.

Artigo 135º

Na súa condición de arquivo histórico, o Arquivo Universitario constitúe unha unidade funcional de apoio á investigación e á docencia. De cara ó mellor cumprimento da devandita función, crearase unha Comisión do Arquivo Histórico Universitario, na que estarán representados tódolos sectores da comunidade universitaria. O Arquivo Universitario, en tanto que arquivo histórico rexerase por un regulamento aprobado pola Xunta de Goberno.

Artigo 136º

1. O persoal do Arquivo Universitario estará constituído por funcionariado pertencente ás escalas de facultativos de arquivos e bibliotecas (sección de arquivos), ó corpo de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, e á escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da universidade, ademais do restante persoal necesario para o desenvolvemento das súas funcións. A provisión da praza de director farase mediante o procedemento de libre designación en convocatoria pública.

2. O director ou directora do Arquivo Universitario, será funcionario da escala de facultativos de arquivos e bibliotecas (sección de arquivos), ou no seu defecto, de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, e, de non existir este, da escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos da universidade.

Capítulo III

Das residencias e colexios maiores da universidade

Artigo 137º

1. O servicio universitario de residencias proporciona aloxamento ó estudiantado e demais membros da comunidade universitaria, promovendo a súa formación integral e contribuíndo a reduci-la desigualdade de oportunidades por motivos económicos. Tamén poderá proporcionar aloxamento a outras persoas que, non pertencendo á universidade, tomen parte en actividades por ela organizadas.

2. O servicio universitario de residencias está composto polas residencias e colexios maiores que se rexan polas normas de funcionamento que para o dito servicio aprobe a Xunta de Goberno.

Artigo 138º

1. En cada residencia ou colexio maior existirá un director ou directora que exercerá as funcións de goberno e será responsable do cumprimento das finalidades propias do servicio. Da dirección dos colexios e residencias formarán parte tamén o subdirector ou subdirectores, se os houbese. O nomeamento e cesamento do director ou directora corresponderá ó rector.

2. Constituirase un consello de residentes ou colexiais en cada residencia ou colexio. Terá, alomenos, funcións consultivas e a súa composición, funcións e participación na xestión serán determinadas por un regulamento aprobado pola Xunta de Goberno, no que se establecerá o réxime xeral do servicio universitario de residencias.

Artigo 139º

A universidade poderá promover acordos e convenios con entidades públicas e privadas para a construcción de residencias e outras fórmulas de aloxamento e vivenda destinadas ós membros da comunidade universitaria.

Capítulo IV

Dos colexios maiores adscritos

Artigo 140º

1. As persoas físicas e xurídicas poderán promove-la creación de colexios maiores ou residencias, que se adscribirán á universidade mediante o axeitado convenio que deberá ser aprobado pola Xunta de Goberno.

2. A adscrición á universidade quedará sen efecto por iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela ou da entidade promotora.

TÍTULO SEXTO

Dos actos académicos, honras e distincións

Artigo 141º

A apertura de curso terá lugar nun acto solemne, presidido polo rector, no que un catedrático ou catedrática da universidade, designado polo rector de acordo coa rolda tradicional, dictará unha lección inaugural. Pola súa parte, o secretario xeral fará público quen acadou o grao de doutor ou doutora no curso anterior, presentará oficialmente os novos catedráticos e profesores titulares e lerá un informe coas actividades e datos máis salientables do curso académico anterior.

Artigo 142º

As facultades, escolas e institutos da universidade de Santiago de Compostela poderán organizar igualmente actos solemnes para entregaren publicamente ó seu estudiantado diplomas acreditativos.

Artigo 143º

Tódolos doutores da Universidade de Santiago de Compostela terán dereito á utilización da medalla

doutoral da universidade. As súas características materiais serán establecidas pola Xunta de Goberno.

Artigo 144º

1. Son honras e distincións da Universidade de Santiago de Compostela as seguintes:

a) A insignia de ouro da universidade.

b) A medalla de ouro da universidade.

c) O grao de doutor ou doutora honoris causa

2. A concesión de honras e distincións farase en acto público, presidido polo rector, do que levantará acta o secretario xeral.

Artigo 145º

1. A insignia de ouro da Universidade de Santiago de Compostela será concedida a aquelas persoas que, ó seu xuízo, sobresaísen dun xeito especial nos servicios prestados á institución.

2. A medalla de ouro da Universidade de Santiago de Compostela concederase a persoas ou entidades que sobresaian dun xeito extraordinario pola súa contribución ó sostemento ou ó cumprimento dos fins da institución.

3. Un regulamento da Xunta de Goberno establecerá o réxime para a concesión da insignia e da medalla de ouro da universidade, así como as súas características materiais que concordarán cos símbolos tradicionais da universidade.

Artigo 146º

1. A Universidade de Santiago de Compostela poderá concede-lo grao de doutor honoris causa a persoas físicas sobranceiras no eido da investigación ou da docencia, no cultivo das artes e das letras, ou ben daquelas actividades que tivesen unha repercusión notoria e importante desde o punto de vista universitario no terreo científico, artístico, cultural, tecnolóxico e social.

2. A proposta para a colación do devandito grao formularaa un ou varios departamentos co informe preceptivo do centro ou centros correspondentes.

3.A proposta aprobaraa, se é o caso, a Xunta de Goberno, que a remitirá ó Claustro para a súa ratificación.

4. O nomeamento de doutor honoris causa debe expedilo o rector. Procederase á correspondente investidura nun solemne acto académico axeitado ó tradicional uso universitario.

TÍTULO SÉTIMO

Do réxime económico e da programación plurianual

Capítulo I

Do patrimonio

Artigo 147º

Constitúen o patrimonio da Universidade de Santiago de Compostela:

a) Os dereitos sobre os bens mobles e inmobles que lle pertenzan por calquera título.

b) Os títulos, valores, capitais de fundacións, propiedades incorporais e restantes bens, dereitos e accións que lle pertenzan.

Artigo 148º

1. A Universidade de Santiago de Compostela é titular dos bens estatais de dominio público que estean afectos ó cumprimento das súas funcións e asumirá a titularidade daqueles que no futuro sexan destinados as mesmas finalidades polo Estado ou pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2. A desafectación dos bens de dominio público de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela, consonte a lexislación vixente, implicará a súa consideración como patrimoniais da mesma.

Artigo 149º

1. Os acordos relativos a desafectación dos bens de dominio público e á disposición dos patrimoniais corresponderán ó Consello Social trala proposta da Xunta de Goberno e de conformidade coas normas xerais que rexan nesta materia,

2. Correspóndelle ó Consello Social, trala proposta da Xunta de Goberno e no marco das normas xerais que rexan nesta materia, dicta-las normas regulamentarias relativas á administración dos bens de titularidade da Universidade de Santiago de Compostela, tanto os de dominio público coma os patrimoniais, así coma os procedementos para a súa adquisición e para a súa cesión.

Capítulo II

Da programación plurianual

Artigo 150º

1. A programación plurianual concretarase nun programa de catro anos, actualizado cada ano, sobre a actividade que deben desenvolvelos diferentes centros, departamentos, institutos universitarios e servicios da Universidade de Santiago de Compostela, e mais sobre a avaliación económica dos gastos e dos ingresos correspondentes.

2. A programación incluirá tamén:

a) Os programas de construcción de novos edificios e de instalacións de carácter xeral, así coma as ampliacións ou modificacións dos xa existentes.

b) O programa xeral de investimentos, tanto de infraestructura de docencia coma de infraestructura de investigación.

c) A previsión sobre a matrícula en diferentes centros e opcións da Universidade en relación coa dimensión dos cursos.

d) A creación e supresión de centros, estudios ou especialidades.

e) Os cambios na adscrición de estudios entre centros ou unidades docentes.

f) As variacións que cumpra facer nos cadros de profesores durante o primeiro ano ou a máis longo prazo.

g) A creación, modificación e supresión de servicios.

h) As variacións que cumpra facer nos cadros de persoal de administración e servicios durante o primeiro ano ou a máis longo prazo.

i) E en xeral, aquelas decisións que, a medio prazo, contribúan a definila actividade docente, investigadora e de organización interna da universidade.

Artigo 151º

O proxecto de programación plurianual será presentado polo rector perante o claustro universitario. Logo do voto favorable deste, a Xunta de Goberno proporalle o proxecto ó Consello Social para a súa aprobación.

Capítulo III

Do Orzamento

Artigo 152º

A Universidade de Santiago de Compostela aprobará un orzamento anual que conterá os dereitos económicos estimados a liquidar durante o exercicio e a totalidade dos créditos necesarios para dar cumprimento ás obrigas. O orzamento será público, único e equilibrado. A estructura do orzamento e o seu sistema contable axeitaranse ás normas que con carácter xeral estean establecidas para o sector público.

Artigo 153º

1. O rector presentará perante o claustro universitario as liñas xerais do orzamento, xunto coa programación plurianual ou coa súa actualización.

2. Aprobadas as liñas xerais polo Claustro, o rector presentará o proxecto de orzamento perante a Xunta de Goberno, que o enviará ó Consello Social para a súa aprobación.

Artigo 154º

O orzamento da Universidade de Santiago de Compostela conterá no estado de ingresos os seguintes recursos:

a) A subvención global fixada anualmente pola Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Os prezos públicos e restantes dereitos que legalmente se establezan, así como a compensación polas exencións legalmente establecidas

c) As subvencións, doazóns, legados e axudas de todo tipo concedidas á universidade por institucións públicas ou privadas e particulares.

d) Os rendementos procedentes do seu patrimonio e aqueloutros derivados da actividade universitaria e de actos e prestacións de servicios onerosos.

e) O producto da venda de bens e de títulos propios e as compensacións orixinadas pola cesión de activos fixos.

f) O producto das operacións de crédito que concertase a universidade con entidades públicas ou privadas para o financiamento dos seus gastos de investimento.

g) Os remanentes de tesourería e calquera outro ingreso.

h) Os ingresos derivados de contratos que celebren os departamentos, os institutos e o seu profesorado a través do propio departamento ou instituto para a realización de traballos de carácter científico, técnico, artístico, así como para o desenvolvemento de cursos de especialización.

Artigo 155º

O orzamento de gastos clasificarase atendendo á separación entre os correntes e os de investimento, de acordo coa clasificación funcional, orgánica e económica aprobada pola universidade.

Artigo 156º

1. Tódolos créditos terán a consideración de ampliables, agás nos seguintes casos:

a) O crédito correspondente ó cadro do funcionariado docente da universidade, excluídos os conceptos retributivos asignados en atención a esixencias docentes e investigadoras ou a méritos relevantes.

b) O crédito correspondente ó cadro do PAS funcionario.

2. Os suplementos de créditos e os créditos extraordinarios aprobaraos o Consello Social, oída a proposta da Xunta de Goberno. Calquera alteración orzamentaria deberá respecta-lo principio de suficiencia financeira e expresarase no expediente o financiamento específico de alteración. O Consello Social poderá delegar na Xunta de Goberno a aprobación de suplementos de crédito e de créditos extraordinarios, especialmente cando correspondan a expedientes con financiamento específico achegado por entes públicos ou privados.

3. Os créditos xerados por ingresos específicos e a incorporación de remanentes aprobaraos o rector.

4. As transferencias de crédito entre os diversos conceptos dos capítulos de operacións correntes e de operacións de capital debe acordalas a Xunta de Goberno. As transferencias de gastos correntes a gastos de capital debe acordalas o Consello Social. As transferencias de gastos de capital a calquera outro capítulo debe acordalas o Consello Social, logo de autorización da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 157º

A non aprobación do orzamento anual da universidade antes do un de xaneiro do ano correspondente

suporá a prórroga automática do orzamento do ano anterior.

Capitulo IV

Da xestión e do control

Artigo 158º

1. A xestión económica e financeira da Universidade de Santiago de Compostela, no marco constituído pola programación plurianual e polo orzamento anual, reflectirase na memoria económica de presentación e rendemento de contas.

2. A Xunta de Goberno, a proposta da Xerencia, aprobará un regulamento de xestión orzamentaria que deberá ser ratificado polo Consello Social.

Artigo 159º

1. A memoria económica anual é o documento polo que se renden as contas do exercicio tanto no nivel interno da propia universidade coma perante os organismos competentes de control externo,

2. A memoria económica presentaralla o rector á Xunta de Goberno para a súa información e mais para o exame da xestión económica realizada. Esta presentación farase no prazo dos seis primeiros meses despois de pechado o exercicio económico.

3. Despois de que a Xunta de Goberno acepte as contas, o rector presentará un informe perante o Consello Social e perante o claustro universitario.

Artigo 160º

A memoria económica anual conterá necesariamente:

a) A liquidación definitiva do orzamento.

b) O inventario de bens.

c) Un informe polo miúdo sobre a xestión dos recursos económicos.

Artigo 161º

1. Correspóndelle ó Consello Social a responsabilidade de exercer directamente o control das contas da universidade e, en xeral, o exame dos procedementos de xestión orzamentaria, da execución do orzamento e dos custos e rendementos dos distintos servicios.

2. O claustro universitario poderá tamén crear unha comisión específica para exercer un control sobre as contas da universidade.

Artigo 162º

Correspóndelle ó rector a ordenación dos gastos e dos pagamentos. A ordenación de gastos poderá delegala nos directores dos centros de gasto. A ordenación dos pagamentos poderá delegala nun vicerrector ou, de se-lo caso, no xerente.

Artigo 163º

A contratación de obras, servicios e subministracións efectuarase de acordo co oportuno regulamento que, dentro do marco da lexislación xeral sobre a

materia, regulará especificamente a xestión contractual da universidade.

Artigo 164º

A Universidade de Santiago de Compostela poderá asina-los contratos que teñan unha contía non reservada expresamente ó Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 165º

1. O Consello Social determinará cada ano, no momento de aproba-los orzamentos, o límite da cantidade a partir da cal cumprirá un acordo explícito para que o rector ou o vicerrector no que delegue ou, se é o caso, o xerente, proceda a unha contratación polo sistema de procedemento negociado.

2. O rector ou o vicerrector no que delegue ou, de se-lo caso, o xerente, informará periodicamente á Xunta de Goberno das contratacións polo sistema de procedemento negociado que superen unha suma determinada, que fixará a devandita Xunta.

3. A Universidade de Santiago de Compostela, logo de acordo do Consello Social, poderá adquirir polo sistema de procedemento negociado os bens de equipo necesarios para o desenvolvemento dos seus programas de investigación.

Artigo 166º

1. En caso de contratación por concurso público, procedemento negociado ou poxa, as condicións serán aprobadas polo rector, por proposta do xerente e co informe previo da asesoría xurídica da Universidade.

2. A Mesa de Contratación estará formada, polo menos, polo rector ou polo vicerrector no que delegue, polo presidente do Consello Social ou polo membro deste no que delegue, polo xerente ou polo membro do persoal de administración e servicios no que delegue, un membro do servicio de control interno, por un membro da asesoría xurídica da Universidade, e polo xefe do servicio de xestión económica. Actuará como secretario o xefe da Sección de Contratación, con voz pero sen voto.

3. A Xunta de Goberno e o Consello Social serán informados do resultado da contratación.

TÍTULO OITAVO

Da reforma dos estatutos

Artigo 167º

1. A iniciativa para a reforma dos presentes estatutos correspóndelle a Xunta de Goberno ou ó vinte por cento dos membros do Claustro.

2. Consonte o procedemento establecido para este fin no regulamento de funcionamento do Claustro Universitario, a reforma dos estatutos requirirá a aprobación por maioría absoluta do Claustro en primeira votación, e maioría simple en segunda votación.

3. O novo texto será remitido á Xunta de Galicia para a súa ratificación e terá vixencia a partir do día seguinte á data da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-No momento da aprobación destes estatutos , os centros da Universidade de Santiago de Compostela son os seguintes:

-CAMPUS DE SANTIAGO:

Facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias:

Facultade de Bioloxía

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Facultade de Ciencias da Educación

Facultade de Ciencias da Información

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Facultade de Dereito

Facultade de Farmacia

Facultade de Filoloxía

Facultade de Filosofía

Facultade de Física

Facultade de Matemáticas

Facultade de Medicina e Odontoloxía

Facultade de Psicoloxía

Facultade de Química

Facultade de Xeografía e Historia

Escola Universitaria de Enfermería

Escola Universitaria de Relacións Laborais

Escola Universitaria de Optica e Optometría

Escolas de Especialización Profesional

Cirurxía Aparato Dixestivo

Cirurxía Cardiovascular

Cirurxía Xeral

Estomatoloxía

Histopatoloxía

Obstetricia e Xinecoloxía

Oftalmoloxía

Pediatría

Práctica Xurídica-Centros adscritos:

Escola Universitaria de Traballo Social-Centros vinculados:

Centro Superior de Hostelería de Galicia

CAMPUS DE LUGO:

Facultades, escolas técnicas superiores e escolas universitarias:

Facultade de Ciencias

Facultade de Humanidades

Facultade de Veterinaria

Escola Politécnica Superior

Escola Universitaria de Estudios Empresariais

Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB.-Centros adscritos:

Escola Universitaria de Enfermería

Escola Universitaria de Relacións Laborais

Segunda.-No momento da aprobación destes estatutos os departamentos da Universidade de Santiago de Compostela son os seguintes:

Álxebra

Análise Matemática

Anatomía e Producións Animais

Anatomía Patolóxica e Ciencias Forenses

Bioloxía Animal

Bioloxía Fundamental

Bioquímica e Bioloxía Molecular

Bioloxía Vexetal

Ciruxía

Ciencias da Comunicación

Ciencias Morfolóxicas

Dereito Común

Dereito Mercantil e do Traballo

Dereito Público Especial

Dereito Público e Teoría do Estado

Didáctica da Exp. Musical, Plástica e Corporal

Didáctica das Ciencias Experimentais

Didáctica das Ciencias Sociais

Didáctica da Lingua e a Literatura

Didáctica e Organización Escolar

Economía Aplicada

Economía Financeira e Contabilidade

Edafoloxía e Química Agrícola

Electrónica e Computación

Enfermería

Enxeñería Agroforestal

Enxeñería Química

Estadística e Investigación Operativa

Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica

Farmacoloxía

Filoloxía Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral

Filoloxía Francesa e Italiana

Filoloxía Galega

Filoloxía Inglesa e Alemana

Filosofía e Antropoloxía Social

Física Aplicada

Física da Materia Condensada

Física de Partículas

Fisioloxía

Fundamentos da Análise Económica

Historia I

Historia da Arte

Historia Contemporánea e de América

Historia e Institucións Económicas

Historia Medieval e Moderna

Latín e Grego

Lóxica e Filosofía da Ciencia e Filosofía do Dereito Moral e Política

Matemática Aplicada

Medicina

Métodos Cuantitativos para a Economía e a Empresa

Métodos e Técnicas de Investigación en Ciencias do Comportamento e da Educación

Microbioloxía e Parasitoloxía

Organización de Empresas e Comercialización

Obstetricia e Xinecoloxía

Patoloxía Animal

Pediatría

Producción Vexetal

Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía

Psicoloxía Evolutiva e da Educación

Psicoloxía Social e Básica

Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física e Saúde Pública

Química Analítica Nutrición e Bromatoloxía

Química Física

Química Inorgánica

Química Orgánica

Socioloxía e Ciencias Política e da Administración

Teoría e Historia da Educación

Xeografía

Xeometría e Topoloxía

Terceira.-No momento da aprobación destes estatutos os institutos universitarios da Universidade de Santiago de Compostela son os seguintes:

Instituto da Lingua Galega

Instituto de Acuicultura

Instituto de Cerámica

Instituto de Ciencias da Educación

Instituto de Ciencias Neurolóxicas "Pedro Barrié de La Maza

Instituto de Criminoloxía

Instituto de Dereito Industrial

Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia

Instituto de Farmacia Industrial

Instituto de Física de Altas Enerxías

Instituto de Informática

Instituto de Investigacións e Análises Alimentarias

Instituto de Investigacións Tecnolóxicas

Instituto de Matemáticas

Instituto de Medicina Legal

Cuarta.-1. No momento da aprobación destes Estatutos son colexios maiores da Universidade os seguintes:

Colexio Maior Rodríguez Cadarso

Colexio Maior Fonseca

Colexio Maior San Clemente

2. No momento da aprobación destes Estatutos son residencias da universidade as seguintes:

Residencia Universitaria Burgo das Nacións

Residencia Universitaria Monte da Condesa

Residencia Universitaria Jimena e Elisa Fernández de la Vega

Residencia Universitaria Xesús Bal e Gay

Quinta.-No momento da aprobación destes estatutos os servicios da Universidade de Santiago de Compostela son os seguintes:

Arquivo Universitario

Biblioteca Universitaria

Imprenta Universitaria

Instituto de Idiomas

Sede de Infraestructuras de Apoio á Investigación e ó Desenvolvemento Tecnolóxico

Servicio de Comunicacións

Servicio de Deportes

Servicio de Medicina de Empresa

Servicio de Medios Audiovisuais

Servicio de Publicacións e Intercambio Científico

Servicios Informáticos

Sexta.-No momento da aprobación destes estatutos a Universidade de Santiago de Compostela conta tamén co Museo de Historia Natural Luis Iglesias e o Observatorio Astronómico Ramón María Aller.

Sétima.-No momento da aprobación destes estatutos , as escalas de persoal funcionario da Universidade son:

Escala de técnicos de xestión

Escala de xestión

Escala administrativa

Escala auxiliar

Escala subalterna (a extinguir)

Escala de facultativos de arquivos e bibliotecas

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (sección bibliotecas)

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos (sección arquivos)

Escala de auxiliares de arquivos, bibliotecas e museos

Disposicións transitorias

Primeira.-1. Nun prazo non superior a tres meses dende a publicación destes estatutos no DOG, se esta tivera lugar antes da finalización do mandato do claustro universitario que os aprobou, deberá procederse á elección dun novo claustro, que elixirá ó rector no prazo dun mes contado dende a data da súa constitución.

2. Os demais órganos colexiados de goberno que vexan alterada a súa composición como consecuencia da aprobación destes estatutos, deberán adaptarse á mesma na primeira renovación que se produza dos mesmos, e, en todo caso, antes do transcurso de dous anos dende a entrada en vigor destes estatutos .

Segunda.-O mandato do rector que o sexa no momento da entrada en vigor destes estatutos, continuará ata o seu cesamento. No caso de que se trate do seu segundo mandato non poderá ser reelexido.

Terceira.-O mandato dos directores de departamento que o sexan no momento da entrada en vigor destes estatutos, rematará transcorridos catro anos dende o seu nomeamento, podendo ser reelixidos por unha sola vez.

Cuarta.-O mandato dos decanos e directores de centro que o sexan no momento da entrada en vigor destes estatutos rematará transcorridos catro anos dende o seu nomeamento. No caso de que se trate do seu segundo mandato non poderán ser reelixidos.

Quinta.-Os novos criterios de duración e renovación dos contratos de profesores eméritos serán aplicables a aqueles nomeamentos que se produzan despois da entrada en vigor destes estatutos, rexéndose os contratos anteriores polo disposto no artigo 131 dos anteriores estatutos, excepto os profesores eméritos

que foron xubilados ós 65 anos, a quen se lles poderá prorroga-lo contrato por un período dun ano.

Sexta.-Perderán a súa condición de alumnos do terceiro ciclo aquelas persoas que teñan rematados os cursos de doutoramento con máis de tres anos de anterioridade á entrada en vigor destes estatutos.

Disposición derradeira

Os presentes estatutos entrarán en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

9158