Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.463

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a resolución de imposición de sanción relativa ó expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OR-E-0217/97.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan a continuación, as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Número de expediente: OR-E-0217/97.

Denunciado: Pablo García Fernández.

DNI: 44.459.437.

Enderezo: Mende, nº 10-12. 32004 Ourense.

Establecemento: Pub Mismo. Maceda (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26 ñ) da Lei 1/1992, en relación co 26 e) da citada lei.

Importe da sanción: 50.100 ptas.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2046-0030-24-404000200-4 de Caixa Ourense, sucursal Torre de Ourense, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectua-lo ingreso deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta delegación provincial, sita na Avda. Habana, 79-1º esquerda, en Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía adminsitrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 5 de decembro de 1997.

manuel A. Cao Fernández

Delegado provincial Acctal. de Ourense

10385