Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito de acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Sumilleres de la provincia de A Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 2 de decembro de 1997, a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Sumilleres de la provincia de A Coruña, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: provincial.

Profesional: profesionais do sector de hostelería e comercio especializado no servicio e venda de viños, licores e augardentes.

Asinan a acta de constitución: Luís Moya Ablán e doce persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 3 de decembro de 1997.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

10228