Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/346-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: desvío L.M.T. e R.B.T. na rúa Costa-Castrelos.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: desvío L.M.T. Mestre Goldar-Barreiro, entre os apoios 31 e 32, 35 e 36, ámbalas dúas en tramo aéreo e entre o 32 e 35 en subterránea. A liña seá a 15/20 kV, de 88 m de lonxitude o tramo aéreo, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, e 160 m de lonxitude o tramo subterráneo, con conductor tipo R.H.V., estando situadas as instalacións na rúa Costa, en Castrelos,

concello de Vigo. R.B.T. aéreo-subterránea, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., cun apoio de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 17 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9874