Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 26 de decembro de 1997 Páx. 12.456

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/345-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. seccionamento estacionamento Praza de Barcelos.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 24 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. MUR. 806 entre o C.T. Lepanto e C.T. Praza Barcelos, rematando no C. de seccionamento que se proxecta no estacionamento Praza Barcelos, concello de Pontevedra. Centro de seccionamento con celas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 14 de novembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9873