Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 24 de decembro de 1997 Páx. 12.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARRAL

CONVOCATORIA.

En vigor a Lei 38/1988, do 28 de decembro, sobre demarcación e planta xudicial, ábrese proceso para a elección de xuíz de paz titular e substituto deste concello, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Nomeamento, como queda dito, de xuíz de paz titular e substituto deste concello.

Segunda.-Prazo de presentación de solicitudes.

Quince días hábiles a partir da publicación deste anuncio no DOG.

Terceira.-Requisitos.

a) Ser español.

b) Maior de idade.

c) Non estar incapacitado física ou psiquicamente para o desempeño do cargo.

d) Non ter sido condenado por delicto, salvo rehabilitación.

e) Non estar procesado ou inculpado por delicto.

f) Atoparse en plena posesión de capacidade xurídica ou de obrar.

Cuarta.-Documentación.

Ás solicitudes deberáselles xunta-los seguintes documentos.

-Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

-Certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes.

-Declaración complementaria de conducta cidadá relativa a se o solicitante se atopa inculpado ou procesado.

-Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

Quinta.-Procedemento de designación.

Á vista das solicitudes presentadas e méritos alegados, a Corporación Municipal en Pleno, co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros, elixirá os solicitantes que, logo do nomeamento pola Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza, deberán desempeña-los cargos de xuíz de paz titular e substituto deste concello durante un período de catro anos.

Carral, 7 de novembro de 1997.

Juan M. Vales Rodríguez

Alcalde

9838