Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

INFORMACIÓN pública sobre solicitude de instalación eléctrica, da Delegación Provincial de Ourense, sobre as LL.MM.TT. saídas da subestación de Allariz. (Expediente 3900, anexo A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica de alta tensión que ten como características principais as que se sinalan a seguir:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., Sáenz Díez, 45, Ourense.

Emprazamento: Allariz.

Finalidade: mellora-lo servicio eléctrico no sector.

Características principais: cinco liñas soterradas en conductores illados tipo R.H.V. 12/20 kV 1x240 Al con orixe nas celas de M.T. a 20 kV da subestación de Allariz, e discorren por canalizacións de 65 m de lonxitude ata o C.T. preforma de 250 kVA que será alimentado por unha delas. Desde este C.T. saen 5 liñas en canalización soterrada do seguinte xeito: a primeira de 830 m de lonxitude ata o C.T. Estrada xeral, axeitado para futuras conexións das liñas ata o C.T. Castillo e maila ó C.T. Urbanización Estrada de Celanova; a segunda de 95 m de lonxitude ata a conexión aérea coa L.M.T. a Vixueses; a terceira e a cuarta de 56 m ata un apoio de enlace coas liñas aéreas a Celanova e a Xinzo, e a quinta de 87 m de lonxitude ata o enlace coa L.M.T. a San Cibrao das Viñas.

Orzamento: 36.500.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examiando o proxecto da instalación nesta delegación provincial (Curros Enríquez, 1-4ª, Ourense) e formularse ó mesmo as reclamacións, por duplicado, que se coiden oportunas no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Ourense, 21 de outubro de 1997.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

10110