Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se acorda darlle publicidade ó acordo do 22-5-1997, da Comisión Galega do Medio Ambiente, polo que se formula a declaración do efecto ambiental do proxecto de explotación para arxila na concesión mineira chamada Trema, número 2717.

Visot o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación do efecto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, resolve,

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 22-5-1997, da Comisión Galega do Medio Ambiente, polo que se formula a declaración do efecto ambiental do proxecto de explotación de arxila na concesión mineira Trema nº 2717, sita en terreos do termo municipal de Catoira, provincia de Pontevedra, promovido por Productos Ulla, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, á explotación do espacio delimitado polos paralelos 42º 41' 20'', 42º 41' 00'' norte, e polos meridianos 8º 41' 40'', 8º 41' 20'' oeste, que representa unha superficie de 1 cm, e que foi incorporada ó expediente da concesión Trema nº 2717, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 2 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

9771