Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Martes, 23 de decembro de 1997 Páx. 12.377

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (172/1997).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número

tres de Ribeira, certifico que nos autos que logo se dirán recaeu sentencia con encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Ribeira, 15 de setembro de 1997. Celia Carmen Rodríguez Arias, xuíza de provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado co nº 172/1997. Foi citado o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia Provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma a denunciante Laura Suárez Ruiz e o denunciado José Antonio Rey Sampedro.

Parte dispositiva. Que debo absolver e absolvo a José Antonio Rey Sampedro como autor dunha falta de estafa, tipificada no artigo 623-4º do Código Penal. As custas decláranse de oficio. Así, por esta miña sentencia, que se notificará coas prevencións contidas no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José Antonio Rey Sampedro, expido e asino o presente edicto en Ribeira o vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

«Sentencia

Ribeira, 15 de setembro de 1997.

Celia Carmen Rodríguez Arias, xuíza en provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado co nº 172/1997. Foi citado o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia Provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma a denunciante Laura Suárez Ruiz e o denunciado José Antonio Rey Sampedro.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O presente xuízo de faltas deriva da denuncia formulada por Laura Suárez Ruiz, o día 5 de marzo, ante a comisaría da Policía Nacional de Ribeira, contra José Antonio Rey Sampedro, por unha presunta estafa, reputándose os feitos como falta.

Segundo.-Sinalouse día e hora para a celebración do correspondente xuízo oral. Este tivo lugar o día 3 de setembro do presente ano. Nel, despois das alegacións das partes que compareceron, practicadas as probas propostas, o Ministerio Fiscal, en trámite de conclusións, solicitou a absolución de José Antonio Rey Sampedro, por falta de probas.

A denunciante Laura Suárez Ruiz adheriuse á cualificación do ministerio público. Non compareceu o denunciado José Antonio Rey Sampedro, malia estar citado en legal forma.

Terceiro.-Na tramitación deste xuízo observáronse os xuízos e formalidades legais, agás o termo para dictar sentencia.

Feitos probados.

Único.-Resulta probado, e así se declara, que o día 5 de marzo do ano en curso, Laura Suárez Ruiz formulou denuncia contra José Antonio Rey Sampedro porque, segundo parece, se fixo pasar polo seu fillo en diferentes establecementos, solicitando que lle desen diñeiro.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-A proba practicada non foi abondo para chegar a un coñecemento certo da forma e circunstancias en que tiveron lugar os feitos que motivaron a instrucción das presentes actuacións. No noso ordenamento penal rexe o principio de culpabilidade- artigo 10 do Código Penal-que, unido ó principio de presunción de inocencia que consagra a nosa Constitución, artigo 24.2, leva a que a sentencia condenatoria só poida sustentarse nunha proba de cargo eficaz, que permita poder definir de forma procesual válida a acción ou omisión xeradora de responsabilidade criminal, de xeito que calquera dúbida sobre os aspectos apuntados deberá resolverse en beneficio da parte acusada José Antonio Rey Sampedro.

Segundo.-Aínda que, conforme o establecido no artigo 116 do Código Penal, toda persoa criminalmente responsable dun delicto ou falta responde civilmente dos danos ou perdas derivados do ilícito, non determinarse a responsabilidade criminal no suposto de autor, non procede facer ningunha declaración en materia de responsabilidde civil ex delicto.

Terceiro.-De acordo co disposto nos artigos 239 e seguintes da Lei de axuizamento criminal, procede declara-las custas de oficio.

En nome de S.M. El-Rei.

Parte dispositiva.

Debo absolver e absolvo a José Antonio Rey Sampedro como autor dunha falta de estafa tipificada no artigo 623-4º do Código Penal.

As custas decláranse de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que se notificará coas prevencións contidas no artigo 248.4 da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

9814