De conformidade co acordo subscrito o día 5 de xullo de 1994, entre a Consellería de Industria e Comercio e o Instituto Nacional de Consumo, para a constitución da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, así como co disposto no artigo 3.4º do Real decreto 636/1993, do 3 de maio, polo que se regula o sistema arbitral de consumo,
Nomeo o presidente do Instituto Galego de Consumo, Jorge J. Rodríguez Vázquez-Molezún, e o xefe do Servicio de Protección ó Consumidor, Javier Corrales Piquero, presidnte e secretario, respectivamente, da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de decembro de 1997.
Antonio Couceiro Méndez
Conselleiro de Industria e Comercio
7852