Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.337

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CORCUBIÓN

EDICTO de poxa (53/1996-X).

Francisco José Ruano Hernández, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Corcubión, fai saber, que neste xulgado e con número 53/1996, se tramita xuízo de cognición, por instancia de Ligia Mejuto Leis, contra Fanny Trillo Durán, nos que se acordou sacar a poxa pública e polo termo de vinte días os bens embargados que ó final se dirán, xunto coa súa taxación, baixo as seguintes condicións:

1. Os licitadores para poderen tomar parte da poxa deberán consignar previamente no lugar destinado para o efecto, polo menos o 20% do valor de taxación dos bens, sen o cal non serán admitidos.

2. Na primeira poxa non se admitirán posturas inferiores ós 2/3 do valor da taxación.

Na segunda poxa tampouco se admitirán posturas inferiores ós 2/3 do valor de taxación, rebaixado este un 25%, e na terceira poderanse facer posturas sen suxeición a tipo.

3. Só o executor poderá facer posturas en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

4. Desde o anuncio desta poxa ata a súa celebración poderán facerse por escrito, en prego pechado, posturas, depositando na secretaría do xulgado o devandito prego, xuntando resgardo de ter efectuado no establecemento destinado para o efecto a cantidade consignada.

5. Advírteselles ós licitadores que non fosen pressentados nin supridos os títulos de propiedade, prevendo ós licitadores que despois do remate non se admitirá reclamación ningunha por insuficiencia ou defecto deles.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o próximo día 13 de xaneiro de 1988, ás 11.30 horas da mañá.

E en prevención de que non houbese postores na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda, polo termo de vinte días, o próximo día 13 de febreiro de 1998, ás 11.30 horas.

Así mesmo, en prevención de que tampouco houbese postores para a segunda poxa, sinálase para a terceira, por igual termo de vinte días ó próximo día 13 de marzo de 1998, ás 11.30 hors, sen suxeición a tipo e debendo os licitadores que desexen tomar parte nela face-lo depósito previo en igual contía que na segunda poxa, persistindo o resto das condicións sinaladas para a primeira.

Predio obxecto da poxa.

A cuarta parte indivisa da casa (hoxe soar) sinalada co nº 25 da praza do Xeneralísimo, hoxe da Constitución da vila de Cee, que ten unido polo oeste un terreo destinado a xardín. Ocupa a casa, hoxe o soar 235 m e o xardín 510 m. Linda en conxunto: fronte ou leste, plaza da Constitución; esquerda entrando ou sur, calello da vila; dereita ou norte, casa de Ramón Romero; e fondo ou oeste, terreo público.

Dado en Corcubión o quince de decembro de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

9723