Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Luns, 22 de decembro de 1997 Páx. 12.337

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

EDICTO (418/1995).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instacia e Instruccio da Estrada, dou fe e certifico que no libro de sentencias civís deste xulgado consta a seguinte sentencia que na súa parte necesaria di así:

«Sentencia.-Na Estrada o seis de abril de mil novecentos noventa e seis, Margarita Guillén Vázquez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta cidade, vistos os presentes autos de xuízo executivo promovidos polo Banco Español de Crésdito, S.A., representado polo procurador Luis Sanmartín Losada contra Ramón Sesar Serra, con DNI número 52470954-L domiciliado en Trav. América nº 1 A Estrada, declarado en rebeldía.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Ramón Sesar Serra, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 440.000 ptas., importe do principal; e ademais ó pagamento dos gastos de protesto, xuros legais e custas, debo condenar e condeno

ó dito pagamento expresamente á parte demandada.

Contra esta sentencia poderase interpoñer neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos pronúncio, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado: Margarita Guillén Vázquez».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma ó demandado rebelde, con paradoiro actual descoñecido, así como para a súa publicación no diario oficial e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido o presente edicto que selo e asino na Estrada o trinta e un de outubro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

10262