Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.316

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN ROF CODINA

ANUNCIO do 19 de novembro de 1997 polo que se fai pública a convocatoria para a contratación dun facultativo farmacéutico para a Fundación Rof Codina (FRC).

Por resolución da Dirección Xerencia da Fundación Rof Codina, con data do 11-12-1997 anúnciase concurso público, a través de expediente ordinario, para a contratación dunha praza de facultativo farmacéutico para a FRC. O prazo de recollida das bases e presentación das solicitudes rematará o décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio. Para consulta-las bases, solicitar información e presenta-la documentación, os interesados deberán dirixirse á Fundación Rof Codina, Estrada da Granxa, s/n, 27002 Lugo. Teléfono: (982) 28 59 28.

En Lugo, 18 de decembro de 1997.

José Manuel Piñeiro Somoza

Director xerente da Fundación Rof Codina