Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto para a contratación da redacción do proxecto de remodelación do Teatro Colón da Deputación Provincial da Coruña.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da redacción do proxecto de remodelación do Teatro Colón da Deputación Provincial da Coruña.

2. Orzamento máximo: 20.000.000 de ptas.

3. Prazo de execución: 4 meses.

4. Clasificación: grupo II, subgrupo 4, categoría c.

Non obstante, no suposto de que o licitador sexa unha persoa física coa titulación de arquitecto non será esixida clasificación (artigo 26), sen prexuízo

de acredita-la solvencia profesional por calquera dos medios a que se refire o artigo 19 da Lei 13/1995,de contratos das administracións públicas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Informacións: Sección de Patrimonio e Contratación.

7. Proposicións: poderán presentarse na Sección de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día 26 de xaneiro de 1998.

8. Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de decembro de 1997.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

10132