Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de demasías número 1354.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que en aplicación do disposto no artigo 57.1º.a) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25-8-1978, se somete a información pública a petición das demasías producidas na concesión de explotación Gándaras II nº 1354, situada no termo municipal do Porriño, solicitadas por Sial, S.A.

O que se fai público para efectos de que no prazo de dez días a partir desta publicación os titulares das concesións minerias estremeiras con Gándaras II nº 1354, manifesten as súas pretensións sobre aquelas demasías sobre as que crean ter dereitos.

Pontevedra, 10 de decembro de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado Provincial de Pontevedra

9642