Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/183-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Gral Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: C.T. Torre-Sanmiráns.

Situación: Laracha.

Características técnicas: centro de transformación tipo aéreo, sobre apoio de formigón, con conexión aérea que deriva do apoio nº 6 da liña Xesteira-Campo da Porta, en conductor LA-56, de 25 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, nomeado Torre-Sanmiráns-Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

10159