Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.296

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 1 de decembro de 1997 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de cursos do plan nacional de formación e inserción profesional na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ó exercicio de 1998.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 236, do venres, 5 de decembro de 1997, cómpre efectua-la oportuna corrección:

Na páxina 11.765, artigo 3º, apartado 3 , onde di: «á parte A do módulo, e poderá superar, en ningún caso», debe dicir: «á parte A do módulo, non poderá superar, en ningún caso».

Na páxina 11.769, artigo 15º, apartado 1c) onde di: «para o efecto e sempre que non os remitisen remitido con anterioridade» debe dicir: «para o efecto e sempre que non os remitisen con anterioridade».

Na páxina 11.770 no pé de firma, onde di: «Consellería de Familia, Muller e Xuventude» debe dicir: «Conselleira de Familia, Muller e Xuventude».

10243