Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.280

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 1 de decembro de 1997 pola que se establecen os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 1998.

De acordo co disposto no Decreto 365/1996, do 26 de setembro, polo que se regulan os horarios comerciais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, correspóndelle á Consellería de Industria e Comercio fixar anualmente os domingos e festivos

que se considerarán hábiles para os efectos do exercicio da actividade comercial.

En aplicación do artigo 3, apartado dous, do mencionado decreto e tendo en conta o interese xeral do comercio e dos consumidores, fíxanse os domingos e festivos que, para os efectos do exercicio da actividade comercial, terán a condición de hábiles durante o ano 1998. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ó público durante o ano 1998 son:

-4 de xaneiro.

-11 de xaneiro.

-9 de abril.

-5 de xullo.

-11 de outubro.

-7 de decembro.

-13 de decembro.

-20 de decembro.

Artigo 2º

O disposto no artigo anterior enténdese sen prexuízo das normas xerais que, en materia de horarios comerciais, establece o Decreto 365/1996, do 26 de setembro.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1997.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio.

10239