Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 19 de decembro de 1997 Páx. 12.269

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 25 de novembro de 1997 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación Quintas Xornadas Galegas sobre Economía das Corporacións Locais.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autonóma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación Quintas Xornadas Galegas sobre Economía das Corporacións Locais.

2. Este prezo entenderase, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Quintas Xornadas Galegas sobre Economía das Corporacións Locais: 1.975 ptas.

9824