Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 36000 Vigo.
Denominación: desvío liñas de B.T. na Modia.
Situación: concello de Cambados.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea, a 20 kV, de 755 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, na travesía de Cambados á Modia, concello de Cambados.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 14 de novembro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9403