Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/179-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 Cee.

Denominación: liña eléctrica de media tensión aéreo-subterránea de 20 kV.

Situación: Carnota.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión aéreo-subterránea de 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos, en tramo aéreo en conductor LA-56, de 190 m, con orixe na liña Pantella-Alivia (expediente 27856) entroncamento con tramo subterráneo, baixo tubo, cun conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 435 m e con final no C.T.C. conservas Dani (Carnota).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9566