Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/255-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. San Cristovo-Erviñou.

Situación: Val do Dubra.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,133 km con orixe no apoio número 102 da L.M.T. Niveiro-Erviñou (expediente 4867) e final no C.T. proxectado San Cristovo-Erviñou, en conductor

LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 voltios en San Cristovo-Erviñou. R.B.T. aérea de 0,283 km con orixe no C.T. proxectado en San Cristovo-Erviñou, en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9579