Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/247-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., CC.TT. e R.B.T. Raña e Pintán.

Situación: Tordoia.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,432 km con orixe na L.M.T. Castenda-Gorgullos (expediente 6717) e fica no C.T. de Raña en conductor LA-56/54,6 mm. L.M.T. aérea de 0,01 km con orixe na L.M.T. Castenda-Gorgullos (expediente 6717) e final en C.T. Pintán en conductor LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 50 kVA 20.000/380-220 voltios en Raña. C.T. intemperie 50 kVA 20.000/380-220 volitos en Pitán. R.B.T.. de 0,015 km con orixe no C.T. Raña en conductor R.Z. R.B.T. aérea de 0,035 km con orixe no C.T. Pintán en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 7 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9575