Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 18 de decembro de 1997 Páx. 12.182

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 11 de decembro de 1997 pola que se desenvolven determinadas previsións contidas no Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

O Diario Oficial de Galicia do 11 de decembro de 1997, no seu número 239, publicou o Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

O artigo 8 deste decreto recolle nos seus puntos A e B a estructura da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde respectivamente, creando neste último novos órganos superiores.

Por outra banda a disposición transitoria primeira do devandito Decreto 351/1997, do 10 de decembro, establece que «mediante orde dos conselleiros respectivos determinarase a adscrición dos órganos dependentes das direccións xerais suprimidas como consecuencia da estructura orgánica que se fixa nos artigos precedentes, ós centros directivos correspondentes en tanto non se regule por decreto a nova estructura orgánica no nivel de dirección xeral».

Na súa virtude, en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os órganos e unidades dependentes das direccións xerais de Atención Especializada e Atención Primaria recollidos no Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, quedarán adscritos á División de Asistencia Sanitaria prevista no artigo 8.B do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, que a substitúe coas súas com

petencias propias e delegadas mentres non se regule por decreto a nova estructura orgánica.

Exceptúanse desta adscrición o Comité de Ensaios Clínicos e o Servicio de Programas Asistenciais e Xestión de Farmacia, que quedarán vinculados á División de Farmacia e Productos Sanitarios.

Artigo 2º

Os órganos e unidades dependentes da Dirección Xeral de Recursos Económicos recollidos no Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, quedarán adscritos á División de Recursos Económicos prevista no artigo 8.B do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, que a substitúe coas súas competencias propias e delegadas mentres non se regule por decreto a nova estructura orgánica.

Artigo 3º

Os órganos e unidades dependentes da Dirección Xeral de Recursos Humananos recollidos no Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde, quedarán adscritos á División de Recursos Humanos prevista no artigo 8.B do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, que a substitúe coas súas competencias propias e delegadas mentres non se regule por decreto a nova estructura orgánica.

Artigo 4º

As funcións e servicios atribuídos polo Decreto 64/1996, do 15 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde, á Secretaría Xeral do Sergas adscribiranse, coa excepción das relativas ás resolucións de expedientes previstos no Decreto 288/1996, do 12 de xullo, á División de Farmacia e Productos Sanitarios.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

10158