Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

NOTIFICACIÓN do 17 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, das resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transporte pecuario, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente T-13/96 e dous máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguida, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de epizootias do 20-12-1952 e do seu regulamento, do 4-2-1955, modificado, entre outros, polo R.D. do 7-5-1976.

O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta 44030/003919-6 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, agás a presentación do recurso pertinente. En caso contrario, procederase ó seu cobro pola vía executiva.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 17 de novembro de 1997.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expte.

Nome e apelidos do denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Precepto infrinxido

e sancionador

Sanción

imposta

T-13/96Antonio Alonso Gonzálezr/ Joaquín Loriga, 20, PontevedraTransporte de gando sen Doc. inscrición/autorizaciónArt. 52 do regulamento da Lei de epizootias10.000

T-33/97Severo Nogueira FernándezRúa Circunvalación, 18, A RúaTransporte de gando sen guía de orixe.Art. 217 do regulamento da Lei de epizootias15.000

T-45/97Emilio Rodríguez Baltarr/ Manuel Murguía, 3-3º E, OurenseTransporte de gando sen documentaciónArt. 52 do regulamento da Lei de epizootias20.000

9520