Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.140

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 21 de novembro de 1997 pola que se establece o período de producción medio en Galicia de especies forestais, en relación co tratamento fiscal das rendas forestais.

A Lei 13/1996 do Estado, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, establece na súa disposición adicional vixésimo ter

ceira que os rendementos plurianuais positivos da explotación de predios forestais se considerarán xerados no período de producción medio segundo a especie de que se trate, determinado, en cada caso, pola Administración forestal competente.

A avaliación para efectos fiscais dos rendementos esixe, por tanto, o establecemento dun período de producción medio para diferentes especies forestais en Galicia.

Por todo iso, e de acordo co disposto no artigo 30.1.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias atribuídas pola Lei 1/1981, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para efectos da aplicación da normativa fiscal correspondente ás rendas forestais, segundo o disposto na citada Lei 13/1996, do 30 de decembro, establécese, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia un período de producción medio para as especies forestais comerciais que se especifican no anexo desta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO

Especies forestais comerciais

Período de

producción

medio

(rolda en anos)

Eucaliptus sp., eucalipto15

Populus sp., chopo20

Pinus pinaster, piñeiro bravo35

Pinus radiata, piñeiro insigne30

Pinus sylvestris, piñeiro silvestre e resto das coníferas60

Betula sp., bidueiro50

Castanea sp., castiñeiro40

Fraxinus sp., freixo

Acer sp., pradairo

Prunus avium, cerdeira

Alnus glutinosa, amieiro

Juglans regia, nogueira

50

Quercus robur, carballo

Quercus ilex, aciñeira

Quercus suber, sobreira

Resto das quercíneas

70

Fagus sylvatica, faia60

10143