Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 17 de decembro de 1997 Páx. 12.133

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 12 de decembro de 1997 pola que se desenvolve o Decreto 347/1997, do 10 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, en materia de xestión de créditos orzamentarios.

A aprobación da nova estructura orgánica da Xunta de Galicia polo Decreto 347/1997, do 10 de decembro, desenvolvido polos decretos 350 e 351/1997, do 10 de decembro, fai necesario adaptar parcialmente o marco de titularidade da xestión establecido no orzamento da Comunidade Autónoma para 1997. Os criterios utilizados responden a razóns de identificación competencial, aínda que nalgún caso obedecen a motivos estrictamente operativos, de xeito que a execución dos créditos e dos expedientes que dela se deriva non resulten afectados. Por outra banda, tívose en conta que a peculiaridade representada polo escaso período de tempo que resta ata a finalización do actual exercicio fai aconsellable non modifica-la estructura dos códigos orzamentarios.

Na súa virtude, e conforme a facultade conferida pola disposición derradeira primeira da Lei 11/1996, do 30 de decembro, e a disposición derradeira primeira do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Un.-Os créditos recollidos no estado de gastos do orzamento da Comunidade Autónoma para 1997, cos códigos que se detallan a seguir, serán xestionados polas consellerías que se indican.

Código de

sección

ServicioProgramaConsellería

0405651ACultura, Comunicación Social e

Turismo

0406231AXustiza, Interior e Relacións

Laboarais

0406342AMedio Ambiente
0407121AMedio AMbiente
0705431APresidencia e Administración

Pública

0904342AMedio Ambiente
0904422AMedio Ambiente
0904614AMedio Ambiente

Dous.-A xestión dos restantes créditos do orzamento de gastos para 1997, asignados a seccións de carácter administrativo, levarana a cabo as consellerías integradas na nova estructura de acordo coa seguinte táboa de equivalencias:

SecciónConsellería

04Presidencia e Administración Pública
05Economía e Facenda
06Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
07Educación e Ordenación Universitaria
08Industria e Comercio
09Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria
10Cultura, Comunicación Social e Turismo
11Sanidade e Servicios Sociais
12Pesca, Marisqueo e Acuicultura
13Xustiza, Interior e Relacións Laborais
14Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude
15Medio Ambiente

Tres.-O criterio establecido nos apartados precedentes será tamén aplicable á xestión dos créditos incorporados ó orzamento de 1997 procedentes de exercicios anteriores.

Artigo 2º

A codificación do orzamento de gastos para 1997 mantense invariable. En tal sentido a expedición de documentos de xestión orzamentaria e a súa posterior contabilización continuará realizándose de acordo coas mesmas claves utilizadas no momento da entrada en vigor do Decreto 347/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma dictará as instruccións necesarias para a fiscalización dos expedientes derivados da xestión dos créditos ós que se fixo referencia.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

9946