Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.128

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALVOS DE RANDÍN

ANUNCIO.

No BOP nº 258, con data do 8 de novembro de 1997, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Calvos de Randín para prover, mediante concurso-oposición, con reserva para promoción interna, unha praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa.

Os que reunindo os requisitos esixidos na convocatoria desexen participar neste procedemento selectivo, deberán presentar instancia no rexistro xeral deste Concello de Calvo de Randín, segundo o previsto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria serán publicados exclusivamente no BOP e no taboleiro de anuncios desta corporación.

Calvos de Randín, 9 de novembro de 1997.

Antonio López Martínez

Alcalde-presidente

9407