Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.127

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOQUEIXÓN

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 1997 pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación de bens afectados polas obras de apertura de camiño en Loureda, termo municipal de Boqueixón.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 13 de marzo de 1997 o Concello de Boqueixón aprobou o correspondente proxecto.

Por Decreto 326/1997, do 6 de novembro, declárase a utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas para efectos do prevido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación este concello, en uso das súas facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Boqueixón, para que comparezcan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes

da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Termo municipal de Boqueixón.

Local: Casa Consistorial de Boqueixón.

-Día 12 de xaneiro de 1998, ás 11 horas.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución podendo facerse acompañar, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este concello, as alegacións que consideren pertinentes con obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Boqueixón, 28 de novembro de 1997.

Adolfo Gacio Vázquez

Alcalde

9269