Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.126

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación Unión de Camiñeiros de Galicia Santo Domingo da Calzada.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 10/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Unión de Camiñeiros de Galicia Santo Domingo da Calzada que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas que integran ou integraron as diferentes categorías do corpo de camiñeiros.

Asinan a acta de constitución: Jesús Daniel López Mella e setenta e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 1997.

P.S.(Orde 12-9-1997, DOG nº 191, do 3-10)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral de la Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais

9615