Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos expedientes de sanción por infraccións na orde social que se citan.

Notifícaselles, de conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social (materia laboral e seguridade, hixiene e saúde laboral); a súa contía e número cítanse de seguido:

Empresa: Dositeo Núñez Bóveda.

NIF: 33790939Y.

Nº expediente: 49/97.

Contía: 251.000 ptas.

Contra estas resolucións poderá interpor o interesado recurso ordinario, polo conducto desta delegación, perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá aboa-la multa imposta a través da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal, conta nº 311-152-106-9, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da notificación desta resolución xa que, noutro caso, se procederá á exacción pola vía de constrinximento, nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda, do 22 de maio de 1987.

Lugo, 13 de novembro de 1997.

(Dto. 13/1994, do 20-1)

Rafael Díaz Iglesias

Secretario provincial

9506