Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 13 de novembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores de epizootias e da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (LU-223/97 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación a incoación de expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación provincial. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, agás no expediente da Lei 1/993, que o será polo director xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta cédula para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, situada na Ronda da Muralla, 70, e presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así mesmo, poderá recusa-las persoas designadas como instructor e secretario en calquera momento da tramitación do expediente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

ANEXO

Expediente: LU-223/97.

Denunciado: Manuel López Siero.

DNI: 35.288.924.

Último enderezo coñecido: Forcarei-Outeiro de Montes-Pontevedra, Lugo.

Feito denunciado: encontrarse o día 19 de xullo de 1997 no recinto feiral de Palas de Rei e dedicarse á compra-venda de gando, e te-lo carné de tratante sen referendar.

Precepto infrinxido: artigos 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 213 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 1.000 a 50.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Expediente: LU-248/97.

Denunciado: Ángel López Abeledo.

DNI: 76.532.604.

Último enderezo coñecido: S. Cibrao, 7, Lugo.

Feito denunciado: encontrarse o día 4 de setembro de 1997 no mercado gandeiro de Friol con 3 cabezas de gando ovino, sen estar identificado un dos animais, e dedicarse á venda de gando sen te-lo carné de tratante.

Precepto infrinxido: artigo 65, 195 e 196 do regulamento da Lei de epizootias, 5º e 8º do R.D. 205/96, 7º do Decreto 355/1994.

Precepto sancionador: artigo 213 e 224 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 1.000 a 50.000 e de 2.500 a 100.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Expediente: LU-275/97.

Denunciado: Leyde Elvira Amez.

DNI: 98.105.080.

Último enderezo coñecido: Miguel Bravo, 5-1, León.

Feito denunciado: encontrarse o día 31 de agosto de 1997 no recinto das festas de S. Ramón de Vilalba, cunha tómbola e ofrecer paxaros (papagaios, cotorras, canarios, periquitos e un esquío) como premio mediante boletos.

Precepto infrinxido: artigo 5º.1 da Lei 1/1993.

Precepto sancionador: artigo 20 c) e e) e 21.1 f) da Lei 1/1993.

Sanción posible: de 50.001 a 500.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Expediente: LU-286/97.

Denunciado: José Mª Adelino Pardiño Lage.

DNI: 33.663.791.

Último enderezo coñecido: Montouto, 4, Abadín-Lugo.

Feito denunciado: tira-lo cádaver dun animal de raza equina nun monte coñecido co nome de Cabeceira da Cerralla, situado en Salgueiro-Montouto-Abadín, sen proceder ó seu enterramento.

Precepto infrinxido: artigos 157, 158, 159 e 168 do regulamento da Lei de epizootias.

Precepto sancionador: artigo 216 do regulamento da Lei de epizootias.

Sanción posible: de 2.500 a 100.000 pesetas.

Instructor: Mauricio Alonso Troncoso.

Lugo, 13 de novembro de 1997.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9820