Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a convocatoria da poxa de madeira 4/1997, por procedemento aberto.

A Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña resolve convoca-la poxa de madeira nº 4/1997, a risco e ventura, dos lotes que figuran na relación anexa, de acordo coas seguintes características:

1. Obxecto: o alleamento dos lotes de madeira que figuran na relación anexa.

2. Fianza provisional: a que figura na citada relación para cada un dos lotes.

3. Exposición de pregos: estarán de manifesto nos servicios de Contratación e de Montes e Industrias Forestais, desta delegación (edificio administrativo Monelos, praza Luís Seone s/n 3º e 5º andar, A Coruña) de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións. Para obter fotocopias chamarase ó número de teléfono 13 54 76.

4. Prazo de presentación de proposicións: vinteséis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Se o día de remate cadra en sábado, o prazo rematará o luns seguinte.

5. Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da delegación provincial (edificio administrativo Monelos 3º andar), na forma legalmente establecida (Art. 100 RXC)

6. Documentación que deben presenta-los licitadores: a que se sinala no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Apertura de proposicións: ás 10 horas do décimo día hábil, seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, que non cadre en sábado. O lugar publicarase no taboleiro de edictos do Servicio de Montes e Industrias Forestais e no rexistro da delegación, o día seguinte da públicación deste anuncio.

8. Gasto de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9. Información: sobre esta poxa: Tlf. 18 46 63 e 18 45 11.

O adxudicatario, dentro dos quince (15) días seguintes ó da data de notificación da adxudicación, deberá presenta-los documentos acreditativos de ter depositado:

a) Importe da adxudicación.

b) importe das taxas.

c) Importe dos gastos deste anuncio.

d) Fianza definitiva, 4% do prezo de adxudicación.

e) IVE, 4% sobre importe de adxudicación.

f) Os demais que se establezan no prego de cláusulas administrativas particulares do aproveitamento.

A Coruña, 19 de novembro de 1997.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

9462