Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/259-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Cheda.

Situación: Neda.

Características técnicas: liña de media tensión (L.M.T.) aérea a 20 kV de 0,097 km, con orixe na L.M.T. Fervenza-Vilallonte e final no centro de transformación (C.T.) proxectado, en conductor

LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 50 kVA 15000/380-220 V en Cheda. Rede de baixa tensión aérea de 0,375 km con orixe no C.T. proxectado, en condcutor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9194