Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/257-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. confraría de Aguiño-Couso.

Situación: Ribeira.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 0,433 km con orixe en C.T. confraría de Aguiño (expediente 33720) e final na L.M.T. Couso (expediente 13452) en conductor R.H.V.-12/20 kV-3(1x240) mm Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 6 de novembro de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9196