Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.102

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (362/1997).

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fago saber que no dito xulgado e co número 362/1997, se tramita procedemento xudicial sumario ó abeiro do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, contra Aurelio Couso Cambeiro e Mónica Pena Paz, en reclamación de crédito hipotecario, no que por resolución desta data se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e termo de vinte días os bens que logo se dirán, sinalándose para que o acto do remate teña lugar na sala de audiencia deste xulgado, o día 29 de xaneiro de 1998, ás 12 horas, coas prevencións seguintes:

Primeiro: que non se admititrán ofertas que non cubran o tipo da poxa.

Segundo: que os licitadores, para tomaren parte na poxa, deberán consignar previamente na conta deste xulgado no Banco de Bilbao Vizcaya S.A. nº 1500, unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento do valor dos bens que sirva de tipo, facéndose consta-lo número e ano do procedemento, e sen este requisito non serán admitidos nin se aceptará entrega de diñeiro en metálico ou cheques no xulgado.

Terceiro: poderán participar coa calidade de cederlle o remate a terceiros.

Cuarto: en tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto: os autos e a certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría do xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como bastante a titulación existente, e que as cargas ou gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a celebración dunha segunda o día 5 de marzo de 1998, ás doce, servindo de tipo o 75% do sinalado para a primeira poxa,

sendo de aplicación as demais prevencións da primeira.

Igualmente e para o caso de que tampouco houbese licitadores na segunda poxa, sinálase para a celebración dunha terceira o día 16 de abril seguinte, ás doce horas, poxa que se celebrará sen suxeición a tipo, e quen desexe tomar parte nela deberá consigna-lo 20% do tipo que serviu de base para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado, non puidese celebrarse a poxa no día e horas sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

O presente edicto servirá de notificación ós debedores para o caso de non poder levarse a efecto no predio ou predios poxados.

Bens que se sacan a poxa.

Casa sen número no lugar de Angrois, parroquia de Sar, desta cidade de Santiago de Compostela, composta dunha soa planta, que ocupa a superficie de sesenta e tres metros e oitenta e tres decímetros cadrados, cun terreo anexo situado ás súas costas de cincuenta e un metros e sesenta e sete decímetros cadrados. Linda: norte, predio de Andrés Castelao Ramos; sur, José Fernández Regueira; leste, camiño; e oeste Ramos Castelao coa zona de servicio cara a onde ten a súa fronte. Inscrito no Rexistro da Propiedade número un de Santiago de Compostela, no tomo 1037, libro 74, folio 66, predio 6708.

Tipo de poxa:

Seis millóns catrocentas trinta e cinco mil pesetas.

Dado en Santiago de Compostela, vinteún de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O/A maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario

Rubricado

9270