Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.101

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (284/1997).

En virtude do acordado en resolución desta data, nos autos de referencia, pola presente cédula cítanse de remate os referidos demandados, José Antonio Espiñeira Gómez e Margarita Canedo Souto, co fin de que dentro do termo improrrogable de nove días hábiles se opoñan á execución contra estes despachadas, se lles conviñer, comparecendo nos autos por medio de avogado que os defenda e procurador que os represente, apercibíndoos de que, de non verificalo, serán declarados en situación de rebeldía procesual e que recaerá sobre eles o prexuízo ó que houbese lugar en dereito. Faise constar expresamente que, por descoñecerse o paradoiro dos demandados, se practicou embargo sobre os bens da súa priopiedade sen previo requirimento de pagamento.

Principal: un millón corenta e oito mil novecentas setenta e seis pesetas.

Xuros, gastos e custas: seiscentas mil pesetas.

En Santiago de Compostela o dezanove de novembro de mil novecentos noventa e sete.

O/a secretario/a

Rubricado

Citados de remate: José Antonio Espiñeira Gómez, r/ Canfranc, bloque 6.P, Santiago de Compostela e Margarita Canedo Souto, rúa Canfranc, bloque 6.P, Santiago de Compostela.

9511