Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.092

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Plásticos de Galicia, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Plásticos de Galicia, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-10-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data 3-10-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da provincia,

ACORDA:

Primero.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenos colectivos de traballo, que cons

ta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 22 de outubro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado Provincial de Pontevedra

Reunidos a dirección e o comité de empresa de Plásticos de Galicia, S.A., acordan a aplicación do seguinte pacto de extensión ó XI convenio xeral da industria química, aplicable en Plásticos de Galicia, S.A., rúa 1ª Travesía Alcalde Portanet, nº 8, Vigo (Pontevedra).

1.-Este pacto afectará a totalidade do cadro de persoal de Plásticos de Galicia, S.A., tanto actual coma futuro e a tódolos seus centros de traballo.

2.-Terá vixencia para os anos 1997 e 1998, prorrogarase automaticamente para os anos posteriores mentres non sexa denunciado por calquera das dúas partes asinantes. A denuncia de este pacto poderá facerse por escrito entregándollo para o efecto á outra parte dentro do cuarto trimestre do ano 1998. Calquera pacto posterior que anule ou modifique o presente convenio, deberá ser notificado e rexistrado na mesma delegación provinial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais que este, para a súa constancia oficial.

3.-Con independencia de que este documento recolla as melloras que colectivamente desfrutarán tódolos traballadores de Plásticos de Galicia, S.A., como extensión ó convenio xeral da industria química, ademais respectaranse as mellores condicións que cada traballador viñese desfrutando a título individual.

4.-Pagamento de salarios.

O pagamento de salarios farase en efectivo, dentro da xornada laboral, por meses de 30 días ou ben mediante cheque ou transferencia bancaria. Cando o traballador opte por transferencia bancaria, a empresa deberá asegurarse de que o aboamento na conta corrente ou cartilla de aforro do traballador se faga dentro do último día laborable do mes na empresa. Se o pagamento se fai por cheque, este seralle entregado ó traballador o día antes do último día laborable do mes na empresa.

A distribución do salario farase en doce mensualidades ordinarias de 30 días de salarios e catro pagas extraordinarias da contía e nas datas que se indican: dúas pagas extras 30 días de salario total serán aboadas o 15 de xullo unha e o 15 de decembro a outra. As outras dúas pagas extras de 15 días de salario total, serán aboadas a primeira conxuntamente coa paga ordinaria de marzo e a segunda conxuntamente coa paga ordinaria de novembro de cada ano.

5.-Categorías profesionais.

Quedan establecidos os seguintes salarios mínimos garantidos para cada categoría profesional de acordo coa táboa que se achega como anexo I. (Tódolos traballadores de novo ingreso incluiranse nos grupos profesionais que correspondan en concordancia co convenio xeral da industria química; os seus salarios serán así mesmo os actualizados da táboa salarial do anexo I). Estes salarios mínimos garantidos serán incrementados coas porcentaxes resultantes da aplicación dos incrementos e revisións salariais que cada ano fixe o convenio xeral da industria química.

6.-ILT

Ós traballadores en situación de ILT a empresa complementarálle-las prestacións ata o 90% do salario total (así como se vén facendo ata esta data),

desde o primeiro día da baixa. Nos casos de hospitalización, accidente de traballo, enfermidade profesional ou maternidade, a empresa complementará as prestacións ata o 100% do salario total desde o primeiro día da baixa, así como a súa convalecencia posterior.

7.-Xornada de traballo.

Os días que se traballará en Plásticos de Galicia, S.A., serán 225 días laborables/ano (en horario de 8 horas diarias de luns a venres). Dentro desta xornada están incluídos 15 minutos de descanso de tempo de bocadillo. Esta xornada manterase mentres leis estatais ou futuros convenios non a rebaixen.

8.-Vacacións.

As vacacións do verán emprezarán o primeiro sábado de agosto, acabarán en domingo e a súa duración será de 30 días (agás as situacións excepcionais previstas na lexislación vixente ou o previsto no punto 9). Así mesmo, estableceranse quendas organizadas para garanti-lo servicio de pedidos durante o mes de agosto de forma voluntaria. Se o número de persoas voluntarias fose inferior a quince, os que falten fixaranse de forma obrigatoria por sorteo. O cadro de distribución das vacacións será exposto nos taboleiros de anuncios para xeral coñecemento como data límite o 30 de abril de cada ano.

As vacacións serán retribuídas conforme o promedio obtido por cada traballador por tódolos conceptos en xornada normal nos tres meses anteriores á data do inicio destas.

Aqueles traballadores que estean de baixa por ILT ou accidente de traballo ó inicio das vacacións, empezarán a desfrutalas en canto sexan dados de alta, se o proceso productivo o permite. (En calquera caso dentro do ano en curso).

Tódolos traballadores de Plásticos de Galicia, S.A., independentemente do tempo que estivesen de baixa por maternidade, ILT ou accidente de traballo, desfrutarán de 30 días de vacacións.

9.-Días inhábiles e días sobrantes.

Inhábiles. Os días 5 de xaneiro, 24 e 31 de decembro serán considerados días inhábiles, (no caso de non chega-lo número de días que hai que traballar para acada-los 225 días, calquera destes poderá ser considerado días de vacacións, e polo tanto, serían reducidos os días laborables que correspondesen das vacacións do verán).

Días sobrantes. Unha vez completados os festivos, fixadas as vacacións e computados os inhábiles do parágrafo anterior, de existiren días laborables que excedan dos 225, estes serán considerados inhábiles e desfrutados en pontes ata un máximo de tres; o resto, se os houber, serán fixados de común acordo pola dirección e o comité de empresa, e se non houbese acordo na fixación destas datas, estes serían fixados no período do Nadal ou do peche de inventario.

Para o ano 1998, ámbalas dúas partes comprométense a te-lo calendario laboral aprobado antes do 31 de xaneiro do mismo ano.

10.-Licencias e permisos.

De acordo coa relación que se xunta no anexo número V.

11.-Axuda escolar.

Creouse este fondo de axuda escolar como parte da masa salarial para os traballadores e os seus fillos.

Para optar á súa concesión deberá acompañarse coa solicitude, os comprobantes de estar matriculado nos estudios ou cursos oficiais para o cales se solicite. Será aboada pola empresa antes do 30 de setembro de cada ano para os traballadores que teñan entregada a documentación ata o 25 de setembro; ós restantes aboaráselles unha vez entregada a documentación para o efecto. Serán baneficiarios dela, tanto os traballadores coma os seus fillos na contía que se indica no anexo IV, que deberá ser incrementada cada ano na mesma porcentaxe co incremento salarial e revisións salariais do ano en cuestión.

12.-Pluses obrigatorios.

Os pluses de nocturnidade, toxicidade e penosidade calcularanse a razón do 25% sobre a táboa de salarios base indicada no anexo II, aumentándoa cada ano na porcentaxe de incremento e revisións salariais fixadas no convenio colectivo.

13.-Antigüidade.

As bases para o cálculo da retribución por antigüidade, quedaron conxeladas nas súas bases de cálculo vixentes o 31 de decembro do 1991 para cada categoría e grupos profesionais que se xunta como anexo III. A retribución por antigüidade consistirá en dous trienios e cinco quiquenios, que se calcurarán sobre as devanditas bases da seguinte maneira: 5%, ós 3 anos de antigüidade; 10%, ós 6 anos; 20%, ós 11 anos; 30%, ós 16 anos; 40%, ós 21 anos; 50%, ós 26 anos; e o 60% (tope máximo), ós 31 anos. As novas antigüidades empezarán a devengarse no mesmo mes no que estas se cumpran, cando a data de ingreso do traballador na empresa sexa do día 1 ó 5 inclusive. Se a data de ingreso do traballador fose do día 6 á fin de mes, a nova antigüidade empezará a devengarse, e polo tanto a cobrala, a partir do mes seguinte.

14.-Criterio de aplicación para o ano 1997 do incremento salarial do 3% da masa salarial bruta indicado no artigo 32 do XI convenio xeral da industria química para Plásticos de Galicia, S.A.

1) Plus convenio.

Os conceptos salariais vixentes ata o año 1991 da prima de asistencia, prima de puntualidade e gratificación voluntaria, refundíronse nun único concepto de carácter persoal e individual para cada traballador, que pasa a denominarse plus convenio. Este plus percibirao cada traballador en proporción

ó tempo de traballo nas mesmas condicións có salario base.

2) Grupo 0.

Para os efectos de cuantifica-la masa salarial de Plástivos de Galicia,S.A. sen grupo 0, tal como indica o apartado «Notas C» do artigo 32 do convenio xeral, excluirase a masa salarial correspondente os membros da dirección, que para o año 1996 estaba fixada en 505.068.032 pesetas que corresponden a 10 persoas, e queda a masa salarial 1996 depurada e homoxeneizada, fixada na cantidade de 449.684.069 pesetas.

O incremento propiamente dito aplicarase con suxeición literal e estricta á letra do convenio, o 3% da masa salarial bruta, depurada e homoxeneizada que o convenio indica no apartado II A. do artigo 32: que se utilizará para incrementar de maneira directamente proporcional o salario total exceptuando a antigüidade, de forma que os dous conceptos salariais sobre os que se aplicará o 3,38%, será: salario base (segundo a categoría de cada traballador), e plus convenio (persoal de cada traballador), aumenta na mesma proporción cos seus valores vixentes no 31-12-1996.

3) Tal como se vén aplicando nos anos anteriores, as bases para o cálculo dos pluses de nocturnidade, toxicidade e penosidade, son as correspondentes ó ano 1996 incrementadas co 3% indicado no XI convenio xeral da industria química para o ano 1997 sen detraccións.

15.-O incremento salarial para 1998 será tal como indica o apartado II B do artigo 32 do convenio xeral da industria química.

16.-A revisión salarial para os anos 1997 e 1998 será tal e como indica o artigo 36, (cláusula de revisión salarial, 36º A, para 1996 e 36º B, para 1998) do convenio xeral de industria química.

17.-Comisión paritaria.

Establécese a comisión paritaria do pacto de extensión do XI convenio xeral da industria química como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do pacto de extensión antes descrito.

Para todas aquelas cuestións que se deriven da interpretación do XI convenio xeral da industria química haberá que aterse ó disposto no capítulo XV do citado convenio.

A comisión paritaria estará integrada por tres representantes dos traballadores e por tres representantes da empresa.

Os aordos contidos neste pacto de empresa, son considerados condición máis beneficiosa para os traballadores de Plásticos de Galicia, S.A., en relación ó convenio xeral da industria química.

Vigo, 6 de outubro de 1997.

A dirección O comité de empresa

Modesto Baanante Vázquez, DNI: 33.204.749.

Antonio Vidal Herbello, DNI: 36.011.857.

Adolfo Fernández González, DNI: 36.005.196.

José Piñeiro Costas, DNI: 35.946.803.

Jaime Costas Porto, DNI: 35.999.879.

Ventura Lago Paz, DNI: 35.972.284.

Ángel Barreiro Solla, DNI: 35.989.366.

Ramón González López, DNI: 35.818.441.

Bernardo Costas Fernández, DNI: 36.000.723.

Manuel C. Pose Mosquera, DNI: 35.928.450.

ANEXO I

Táboa salarial base 1997

Incremento do 3,38%

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

1Director técnico Advo. ou

financeiro

4.123.155274.877
2Xerente4.123.155274.877
3Médico4.123.155274.877
4Técnico medio3.465.375231.025
5Axudante técnico3.003.090200.206
6Encargado2.611.935174.129
7Capataz2.449.170163.278
8Debuxante artístico3.465.375231.025
9Debuxante de primeira2.713.830180.922
10Delineante proxectista2.860.140190.676
11Programador de ordenadores2.614.635174.309
12Operador de ordenadores2.513.580167.572
13Xefe de sección2.787.510185.834
14Técnico de organización2.416.500161.100
15Auxiliar de organización2.299.290153.286
16Xefe Advo. de primeira3.465.390231.026
17Xefe Advo. de segunda3.047.670203.178
18Oficial Advo. de primeira2.654.145176.943
19Oficial Advo. de segunda2.511.825167.455
20Auxiliar administrativo2.236.140149.076
21Telefonista2.236.140149.076
22Oficial de 1ª A.

Oficios auxiliares

2.578.845171.923
23Oficial de 1ª B.

Oficios auxiliares

2.430.180162.012
24Oficial de 1ª C.

Oficios auxiliares

2.333.610155.574
25Oficial de 2ª A.

Oficios auxiliares

2.288.190152.546
26Oficial de 2ª B.

Oficios auxiliares

2.213.895147.593
27Oficial de 3ª.

Oficios auxiliares

2.195.700146.380
28Profesional de 1ª2.213.895147.593
29Profesional de 2ª2.195.700146.380
30Axudante especialista2.158.545143.903
31Garda2.144.895142.993
32Peón2.158.545143.903
33Limpadora2.143.635142.909
34Grupo profesional 11.576.215105.081
35Grupo profesional 21.684.320112.288
36Grupo profesional 31.823.370121.558
37Grupo profesional 42.024.220134.948
38Grupo profesional 52.302.230153.482
39Grupo profesional 62.688.525179.235
40Grupo profesional 73.260.115217.341
41Grupo profesional 84.125.270275.018

ANEXO II

Táboa salarial base plus de penosidade, toxicidade e nocturnidade

Incremento do 3%

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

1Director técnico Advo. ou

financeiro

3.894.825259.655
2Xerente3.894.825259.655
3Médico3.894.825259.655
4Técnico medio3.268.710217.914
5Axudante técnico2.828.700188.580
6Encargado2.456.400163.760
7Capataz2.301.435153.429
8Debuxante artístico3.268.710217.914
9Debuxante de primeira2.553.345170.223
10Delineante proxectista2.692.620179.508
11Programador de ordenadores2.458.935163.929
12Operador de ordenadores2.362.755157.517
13Xefe de sección2.623.470174.898
14Técnico de organización2.270.340151.356
15Auxiliar de organización2.158.785143.919
16Xefe Advo. de primeira3.268.740217.916
17Xefe Advo. de segunda2.871.105191.407
18Oficial Advo. de primeira2.496.570166.428
19Oficial Advo. de segunda2.361.090157.406
20Auxiliar administrativo2.098.650139.910
21Telefonista2.098.650139.910
22Oficial de 1ª A.

Oficios auxiliares

2.424.900161.660
23Oficial de 1ª B.

Oficios auxiliares

2.283.375152.225
24Oficial de 1ª C.

Oficios auxiliares

2.191.455146.097
25Oficial de 2ª A.

Oficios auxiliares

2.148.195143.213
26Oficial de 2ª B.

Oficios auxiliares

2.077.470138.498
27Oficial de 3ª.

Oficios auxiliares

2.060.175137.345
28Profesional de 1ª2.077.470138.498
29Profesional de 2ª2.060.175137.345
30Axudante especialista2.024.820134.988
31Garda2.011.815134.121
32Peón2.024.820134.988
33Limpadora2.010.615134.041
34Grupo profesional 11.470.51098.034
35Grupo profesional 21.573.455104.897
36Grupo profesional 31.705.785113.719
37Grupo profesional 41.896.930126.462
38Grupo profesional 52.161.575144.105
39Grupo profesional 62.529.270168.618
40Grupo profesional 72.073.365204.891
41Grupo profesional 83.896.835259.789

ANEXO III

Táboa salarial base antigüidade 1997

OrdeCategoríaPtas./anoPtas./mes

1Director técnico Advo. ou

financeiro

2.952.675196.845
2Xerente2.952.675196.845
3Médico2.952.675196.845
4Técnico medio2.478.030165.202
5Axudante técnico2.144.445142.963
6Encargado1.862.190124.146
7Capataz1.744.725116.315
8Debuxante artístico2.478.030165.202
9Debuxante de primeira1.935.720129.048
10Delineante proxectista2.041.290136.086
11Programador de ordenadores1.864.125124.275
12Operador de ordenadores1.791.210119.414
13Xefe de sección1.988.880132.592
14Técnico de organización1.721.160114.744
15Auxiliar de organización1.636.575109.105
16Xefe Advo. de primeira2.478.045165.203
17Xefe Advo. de segunda2.176.605145.107
18Oficial Advo. de primeira1.892.655126.177
19Oficial Advo. de segunda1.789.935119.329
20Auxiliar administrativo1.591.005106.067
21Telefonista1.591.005106.067
22Oficial de 1ª A.

Oficios auxiliares

1.838.610122.554
23Oficial de 1ª B.

Oficios auxiliares

1.731.030115.402
24Oficial de 1ª C.

Oficios auxiliares

1.661.335110.757
25Oficial de 2ª A.

Oficios auxiliares

1.628.550108.570
26Oficial de 2ª B.

Oficios auxiliares

1.574.940104.996
27Oficial de 3ª.

Oficios auxiliares

1.561.830104.122
28Profesional de 1ª1.574.940104.996
29Profesional de 2ª1.561.830104.122
30Axudante especialista1.535.025102.335
31Garda1.525.170101.670
32Peón1.535.025102.335
33Limpadora1.524.255101.617
34Grupo profesional 11.114.80074.320
35Grupo profesional 21.192.83079.522
36Grupo profesional 31.293.16586.211
37Grupo profesional 41.438.09595.873
38Grupo profesional 51.638.705109.247
39Grupo profesional 61.917.450127.830
40Grupo profesional 72.329.920155.328
41Grupo profesional 82.954.205196.947

ANEXO IV

Axuda escolar. Curso 1997-1998

Importe por curso:

Pesetas

Pre-escolar7.100
Ensinanza Xeral básica 1º e 2º8.100
Ensinanza Xeral básica 3º e 4º11.500
Ensinanza Xeral básica 5º e 6º13.600
Ensinanza Xeral básica 7º e 8º16.200
Bacharelato Unificado Polivalente (BUP)18.300
Curso de Orientación Universitaria (COU)18.300
Formación profesional20.600
Escolas técnicas e maxisterio33.800
Universidade33.800

ANEXO V

Cadro de licencias retribuídas para o persoal desta empresa.

(Aprobado pola empresa con data 20-10-1982)

1. Quince días naturais nos casos de matrimonio.

2. Dous días por parto da esposa, que poderán ser prorrogados por dous máis no caso de xustificación de enfermidade ou cando o traballador teña necesidade de realizar un desprazamento para o efecto.

3. Tres días naturais no caso de grave enfermidade ou morte dos pais, pais políticos, avós, avós políticos, fillos, fillos políticos, netos, esposa ou esposo, irmáns e irmáns políticos, que poderán ampliarse a cinco cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

4. Un día natural no caso de morte de tíos e tíos políticos.

5. Un día natural no caso de matrimonio de fillos, pais ou irmáns, na data de celebración da cerimonia.

6. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

7. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que dispoña en canto a duración da ausencia e compensación económica.

8. Polo tempo establecido para desfrutar dos dereitos educativos xerais e da formación profesional, nos supostos e na forma regulados pola lexislación vixente.

9. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións.

En canto ós sinalados nos números 1 ó 3, nos casos extraordinarios debidamente acreditados, tales

licencias outorgaranse polo tempo que sexa preciso segundo as circunstancias, e conviranse as condicións da concesión e poderá acordarse a non percepción de os haber.

Nota aclaratoria: o aviso das ausencias debe ser previo, razoablemente previo, segundo as circunstancias; a xustificación, pode ser posterior, e normalmente o será, porque esta consiste na proba de que efectivamente a ausencia se investiu no motivo legal avisado.

En Vigo ás 14 horas do día 3 de outubro de 1997, reúnense no local social de Plásticos de Galicia, S.A., o comité de empresa e a dirección desta, a representación da cal a ten Modesto Baanante Vázquez, coa seguinte orde do día:

1º.-Incremento salarial para o ano 1997.

1º.-Incremento salarialpara o ano 1997. Unha vez revisada e corrixida a MSB do ano 1996 e coas táboas do salario base, pluses obrigatorios e axuda escolar actualizadas, así como o plus convenio de cada traballador, procédese a efectuar un incremento salarial para o ano 1997 o 3% sobre a MSB do ano 1996, tal e como se vén facendo nos últimos anos, de acordo co XI convenio xeral da industria química e o pacto de extensión a este para Plásticos de Galicia, S.A.

Masa salarial bruta detallada do ano 1997:

Salario base: 357.322.896 ptas.

Plus convenio: 34.573.371 ptas.

Antigüidade: 112.855.835 ptas.

Suma parcial: 504.752.102 ptas.

Plus de nocturnidade, toxicidade e penosidade: 3.982.124 ptas.

Horas extra: 9.281.285 ptas.

Axuda escolar: 3.130.590 ptas.

Seguridade e hixiene: 780.136 ptas.

Retribución consello: 360.000 ptas.

Total: 522.286.236 ptas.

O número de traballadores na empresa é de 161, dos cales 10 corresponden ós órganos da dirección. Nesta NSB están incluídas 55.068.033 ptas. que corresponden á masa salarial das 10 persoas que pertencen ós órganos de dirección (28.994.131 ptas. de salario base, 18.107.295 ptas. do plus de convenio e 8.066.607 de antigüidade).

Para os efectos da aplicación do 3% de incremento salarial sobre a MSB que indica o convenio para o ano 1997, a MSB, depurada, abrangue os seguintes conceptos e cantidades:

Salario base: 328.428.765 ptas.

Plus convenio: 16.466.976 ptas.

Antigüidade: 104.789.228 ptas.

Total: 449.684.069 ptas.

Deste 3% de incremento salarial sobre a MSB 44.684.069 ptas. (que son 13.490.522 ptas.), 2.248.420 ptas. (0,5%) corresponden á reserva para as novas antigüidades do ano 1997. Mentres que os 11.242.102 ptas. (2,5%) restantes, máis 411.428 ptas. sobrantes da reserva do 0,5% deste ano 1997 (fan un total de 11.653.530 ptas.), será repartido de xeito directamente proporcional ó salario base e plus de convenio de cada traballador, aumentándose estes sous conceptos na porcentaxe do 3,38% (11.653.530 ptas., repartido entre 344.894.841 ptas., importe total da masa salarial correspondente ó salario base e o plus convenio do ano 1996, dáno-la citada porcentaxe do 3,38%).

Os pluses obrigatorios (nocturnidade, toxicidade, penosidade) e a axuda escolar incrementaranse no ano 1997 na mesma porcentaxe que o convenio xeral da industria química indica para a MSB, é dicir, un 3%.

A data límite para aplica-lo incremento salarial para 1997 e o pagamento dos atrasos con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro, será o 1 de novembro de 1997.

Sen máis asuntos que tratar, dáse por rematada a reunión.

Pola empresaPolo comité

Modesto Baanante VázquezAntonio Vidal Herbello

DNI: 33.04.749 DNI: 36.011.857

-Asistentes:-Pola empresa:

Modesto Baanante Vázquez-Polo comité:

Antonio Vidal Herdello

Adolfo Fernández González

Jaime Costas Porto

José Piñeiro Costas

Ventura Lago Paz

Ángel Barreiro Solla

Bernardo Costas Fernández

Manuel C. Pose Mosquera

Ramón González López

9980