Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 16 de decembro de 1997 Páx. 12.070

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 1 de decembro de 1997 pola que se nomea un novo membro do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega.

De acordo co disposto no artigo 4 da Lei 7/1988, do 12 de xullo (DOG do 12-7), de creación do Consello Galego de Relacións Laborais, as organizacións sindicais e empresariais designarán os seus membros representativos, que serán nomeados polo conselleiro de Traballo e Benestar Social.

Facendo uso da posibilidade de substitución, que recolle o artigo 4 da dita lei, a Confederación Intersindical Galega acordou a substitución dun dos seus membros titulares da súa representación no Consello.

En virtude do disposto no artigo 11 do Decreto 13/1994, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, o órgano colexiado Consello Galego de Relacións Laborais figura adscrito a esta consellería.

Por todo o exposto, en virtude do artigo 4 da referida Lei 7/1988, e en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear membro titular do Pleno do Consello Galego de Relacións Laborais, en representación da Confederación Intersindical Galega, a Alfonso Tellado Sande, en substitución de Xan Andrés Carballo Rodríguez.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 1997.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

7653