Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 1997 sobre convocatoria para prove-las prazas que se indican.

Nos boletíns oficiais desta provincia números 240, do 18 de outubro, e no nº 271, do 25 de novembro, publícanse as bases íntegras da convocatoria, para prover en promoción interna unha praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa, clase administrativa e outra da mesma escala e subescala, clase auxiliar de biblioteca, vacantes no cadro de persoal de funcionarios deste concello, conforme a oferta pública de emprego. (BOE nº 157, do 2 de xullo de 1997); dotadas cos emolumentos e demais retribucións correspondentes ós grupos C e D respectivament; esta última para prover por concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP e no taboleiro de anuncios deste concello.

Melide, 27 de novembro de 1997.

Miguel A. Pampín R.

Alcalde

9884