Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto nos artigos 204.2º e 208 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo

establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no Boletín Oficial del Estado, número 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio para a adxudicación, por procedemento aberto e concurso público, do contrato privado de seguro de vida e accidentes a favor do persoal en activo do Concello de Ferrol ós que lles sexa de aplicación o acordo regulador das condicións de traballo do persoal ó servicio do Concello de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Ferrol. b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Persoal.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: adxudicación, por procedemento aberto e concurso público, do contrato privado do seguro de vida e accidentes do Concello de Ferrol. b) Lugar de execución: Ferrol. c) Prazo de duración. un ano, con posibilidade de prórrogas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) tramitación. urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total máximo: 10.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías. provisional: 2%. Definitiva: 4%.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Concello de Ferrol, Negociado de Persoal. b) Domicilio: praza de Armas, s/n. c) Localidade e código postal: Ferrol, 15402. d) Teléfono: (981) 3367 00. e) Fax: (981) 35 41 22. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata tres días antes da data de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista: data a contía do contrato non é esixible atoparse clasificado no Rexistro de Contratista.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación: a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da última publicación, sexa no BOP ou no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Ferrol, ou por calquera dos sistemas referidos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. 1ª Entidade: Concello de Ferrol. 2ª Domicilio: praza de Armas, s/n. 3ª Localidade e código postal: Ferrol, 15402. d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la oferta (concurso): mes e medio. e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Ferrol. b) Domicilio: praza de Armas, s/n. c) Localidade. Ferrol. d) Data: sobre A: segundo día hábil seguinte á aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. Sobre B: cuarto día hábil

seguinte á aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de que estes prazos coincidan en sábado ou en día de franqueo-ponte para o persoal do Concello de Ferrol, posporase ó seguinte día hábil. e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións. nos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas expostas no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol e no Negociado de Persoal deste.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 3 de decembro de 1997.

Alcalde-presidente

Rubricado

9591