Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto (tramitación anticipada), para a subministración de apósitos e outros. C.P. 1/98.

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 22 de maio de 1996 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita

Obxecto: apósitos e outros.

Orzamento: 11.318.446 ptas.

Garantía provisional: 226.369 ptas.

Lote 1: apósito 10x20 sobre estéril de 2 U.

Orzamento: 1.484.000 ptas.

Garantía provisional: 29.680 ptas.

Lote 2: apósito biolóxico Antiesc.; 10x10, 15x15 e 20x20.

Orzamento: 2.670.562 ptas.

Garantía provisional: 53.411 ptas.

Lote 3: apósito protector pequeno, mediano e grande.

Orzamento: 1.438.722 ptas.

Garantía provisional: 28.774 ptas.

Lote 4: apósito transparente pequeno, mediano e grande.

Orzamento: 2.074.302 ptas.

Garantía provisional: 41.486 ptas.

Lote 5: algondón.

Orzamento: 384.750 ptas.

Garantía provisional: 7.695 ptas.

Lote 6: celulosa 1/2 kgr.

Orzamento: 545.636 ptas.

Garantía provisional: 9.093 ptas.

Lote 7: compresa tocolóxica (B10).

Orzamento: 2.061.900 ptas.

Garantía provisional: 41.238 ptas.

Lote 8: braga dun só uso.

Orzamento: 749.574 ptas.

Garantía provisional: 14.992 ptas.

I. Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto. (Tramitación anticipada).

II. Prazo de entrega: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións e, se é o caso, a partir dos 15 días naturais seguintes ó asinamento do contrato.

III. Admisión de variantes: non se admiten variantes.

IV. Solvencia económica, financeira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos materiais: 20%.

Servicio técnico da subministración: 20%.

Total: 100%.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio da Escola Universitaria de Enfermería, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: (981) 17 80 73. Fax: (981) 17 80 32.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da xerencia do complexo hospitalario (planta baixa da Escola Universitaria de Enfermería), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 21 de novembro de 1997

Jesús Caramés Bouzán

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza da Coruña

9608