Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 15 de decembro de 1997 Páx. 12.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 19 de novembro de 1997, da instructora do expediente disciplinario que a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais lle ordenou instruír por acordo do 18 de novembro de 1996 a Dolores Mercedes García Rubio, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente disciplinario que se lle instrúe.

Por medio da presente cédula notifícaselle a Dolores Mercedes García Rubio, auxiliar de enfermería do cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, que a instructora do expediente disciplinario incoado por acordo do secretario xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 18 de novembro de 1996, elaborou a proposta de resolución do referido expediente, e que esta consta nos locais da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3 (Unidade de Recursos e Reclamacións, 4ª planta), para que a expedientada poida, no prazo de oito días, exerce-lo seu dereito de vista da proposta e presenta-las alegacións que considere pertinentes.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 19 de novembro de 1997.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora

9607