Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e adaptación C.T. Coia-Espigón Eduardo Cabello-Beiramar.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 250 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. de Coia ata o C.T. Espigón Eduardo Cabello-Beiramar, concello de Vigo. Adaptación do C.T. de Coia cunha cela CML-SF6.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 28 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9256