Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: R.B.T. Vista Alegre.
Situación: A Estrada.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea, de 1.100 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Tarrio, e 835 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. de Torre Vilar, concello da Estrada.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 28 de outubro de 1997.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
9255